Preguntas Frecuentes

QUEN PODE PARTICIPAR?

No Concurso Escolar do Grupo Social ONCE poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en: Educación Especial, Primaria (de 3.º a 6.º), Secundaria e Ciclo Formativo de Grao Básico.

E SE OS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS XA PARTICIPARON O ANO PASADO?

Non importa. A temática é completamente distinta, o mesmo que os traballos creativos solicitados aos participantes, polo que se trata dun novo concurso.

COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?

A participación no Concurso farase mediante un traballo por clase e sempre dentro da categoría correspondente, segundo o curso ao que pertenzan os alumnos e alumnas. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías, tal e como ocorre nos centros escolares rurais agrupados, clases de circo itinerantes, clases especiais de apoio, etc.

Nestes casos, a clase participará na categoría na que haxa máis alumnos. En caso de empate, a clase participará pola categoría superior.

O número máximo de participantes por traballo será o número máximo de alumnos e alumnas por clase que marque a lei vixente para cada nivel.

PODEN OS MOZOS E MOZAS REXISTRARSE E PARTICIPAR POLA SÚA CONTA?

Non. Para participar é necesario que un ou unha docente do centro educativo se encargue do rexistro.

QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O/A DOCENTE?

Este programa está integrado no currículo educativo da LOMLOE e foi desenvolvido tendo en conta a vinculación curricular de cada etapa educativa participante. Por iso, non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada docente desenvolva na clase (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir ao seu alumnado na temática do Concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.

O grao de implicación na supervisión e axuda ao alumnado no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada docente, que unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO ESCOLAR ONCE COAS COMPETENCIAS BÁSICAS?

Este programa de acción educativa e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao currículo da LOMLOE e pode traballarse a través das seguintes Competencias Básicas, destacando a Competencia Emprendedora:

  • Competencia emprendedora (CE)

Achega estratexias que permiten adaptar a mirada para detectar necesidades e oportunidades; adestrar o pensamento para analizar e avaliar a contorna, e crear e reformular ideas utilizando a imaxinación, a creatividade, o pensamento estratéxico e a reflexión ética, crítica e construtiva dentro dos procesos creativos e de innovación.

  • Competencia dixital (CD).
  • Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)
  • Competencia cidadá (CC).

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO COAS MATERIAS DA ETAPA DE PRIMARIA?

EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS
Competencia específica 2
Actuar e interactuar de acordo con normas e valores cívicos e éticos, recoñecendo a súa importancia para a vida individual e colectiva e aplicándoos de maneira efectiva e argumentada en distintos contextos, para promover unha convivencia democrática, xusta, inclusiva, respectuosa e pacífica.

COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL.
Competencia específica 3
Resolver problemas a través de proxectos de deseño, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO COAS MATERIAS DA ETAPA DE SECUNDARIA?

EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS
Competencia específica 2
Actuar e interactuar de acordo con normas e valores cívicos e éticos, a partir do recoñecemento fundado da súa importancia para regular a vida comunitaria e a súa aplicación efectiva e xustificada en distintos contextos, para promover unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común.

XEOGRAFÍA E HISTORIA

XEOGRAFÍA E HISTORIA
Competencia específica 6
Comprender os procesos culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.

É OBRIGATORIO REALIZAR AS ACTIVIDADES DO XOGO “O GRAN TABOLEIRO DA ACCESIBILIDADE”?

Non. Con todo, recomendamos realizar as que aparecen nas casas do xogo para facilitar ao docente a tarefa de introducir ao seu alumnado na temática deste ano e en como abordar o traballo que se vai presentar.

É OBRIGATORIO REALIZAR OS RETOS MENSUAIS?

Non. Son unha novidade desta edición que permiten gañar premios ás clases que suban, mes a mes, a súa solución ao reto exposto para cada discapacidade.

Para participar, o docente poderá subir, desde a área privada docente, un vídeo cunha duración máxima de 90 segundos, no que se mostre unha barreira relativa á discapacidade (visual, auditiva, física e intelectual) e a solución imaxinada para facilitar a vida das persoas con esa discapacidade.

Podes consultar a guía didáctica GuiONCE para saber con máis detalle como debe presentarse o vídeo.

HAI UNHAS ESPECIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA O TRABALLO?

Cada clase deberá presentar unha idea de produto que non só resolva un problema, senón que tamén mellore a vida das persoas, deseñando solucións innovadoras que fagan o mundo máis inclusivo.

Para iso, o docente dispón, na área privada, de dous documentos de apoio que axudarán ao alumnado a imaxinar o seu produto:

  • Ficha pautada coas 3 fases de desenvolvemento: Empatizar / Imaxinar / Facelo accesíbel. Cada fase acompáñase de preguntas de reflexión que guiarán ao alumnado no proceso de materializar a súa idea.
  • Ficha de apoio con espazos visuais: Esta ficha axudará ao alumnado a visualizar os conceptos máis abstractos e organizar o proceso de creación.

PODEN TRABALLAR OS ALUMNOS DESDE CASA?

Por suposto. Unha vez que o/a docente lles teña explicado como debe ser o traballo que han de presentar, os alumnos e alumnas poden dedicar todo o tempo que queiran ao desenvolvemento do seu traballo fóra da aula.

E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?

Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 808 111 (teléfono gratuíto), ao 682 789 326 (Whatsapp) ou enchede este formulario.

LIGAZÓNS DESTACADAS: