Os criterios que o Xurado do Concurso Escolar Grupo Social ONCE utilizará para elixir os gañadores estarán centrados en cinco piares fundamentais:
O xurado terá en conta a orixinalidade do traballo.
O coidado posto na presentación. As técnicas empregadas e a súa posible adaptación ao obxecto do concurso.
A adecuación do traballo para transmitir os valores da temática desta edición.
O esforzo realizado para que os traballos sexan accesibles para todas as persoas con discapacidade.
Aqueles proxectos que transcendan os límites da aula e procuren involucrar a outras persoas da súa contorna (compañeiros doutras clases, veciños, familias, administración...).