Nueva edición del Concurso Escolar ONCE

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

O camiño que nos torna iguais

Concurso Grupo Social ONCE

Cartel del 38 Concurso Escolar del Grupo Social ONCE

Desde o Grupo Social ONCE sabemos que o camiño da inclusión só se percorre dunha forma: TODOS XUNTOS.

A educación é moi poderosa para conseguir unha sociedade máis xusta, mellor. A través deste concurso sentimos a esperanza e temos a certeza de que, xunto a vós, docentes, alumnado e familias, estamos a crear un futuro máis inclusivo.

Por iso o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 Edición, convídavos a traballar unidos pola inclusión e converte ao alumnado en axentes de cambio, animándoo a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna. Porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade.

Este ano, baixo o lema "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS", propoñémosvos pasar da sensibilización á acción, a través dunha proposta pedagoxicamente actual e atractiva, baseada na LOMLOE.

Todo iso a través de Oncelio, o noso icónico isotipo, que se encheu de cores para que lle acompañemos neste camiño e xuntos sumemos quilómetros de ilusión.

Entre todos, facemos máis inclusiva a nosa contorna. Axúdasnos?

APÚNTATE: BUSCAMOS IDEAS QUE ABRAN CAMIÑO Á INCLUSIÓN!

Que competencias adquirirá o alumnado co Concurso?

  • Competencia social e cidadá

    Ser conscientes da existencia de diferentes perspectivas para analizar a realidade.
  • < h3>Competencia cultural e artística Apreciar a creatividade implícita na expresión de ideas a través de diferentes medios artísticos.
  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

    Interiorizar os elementos fundamentais da calidade de vida das persoas.
  • Competencia de autonomía e iniciativa persoal

    Afirmar e defender dereitos. Poñerse no lugar do outro. Ser flexible nas formulacións. Ter confianza nun mesmo. Ter espírito de superación. Traballar cooperativamente. Valorar as ideas dos demais.