Retos Mensuais

Durante os meses de outubro, novembro, xaneiro e febreiro a través de “O gran taboleiro da accesibilidade” poderedes desbloquear estes retos especiais que teñen premio! Cada reto mensual ten un premio para a clase gañadora na súa categoría.

Tede en conta que a estes retos teredes que dedicarlles algo de tempo. En que consisten?

1- Realizar o reto:

Propoñerase ao alumnado que viva unha situación cotiá poñéndose na pel dunha persoa con discapacidade.

2- Reflexión:

A partir desa experiencia, e desde a empatía, deberán reflexionar sobre como se sentiron, que barreiras atoparon e toda a clase deberá imaxinar unha solución.

3- Presentación:

A través dun vídeo breve (tipo TikTok, cun máximo de 90 segundos de duración). Os vídeos deberán subirse á área privada do docente.

Criterios de valoración

Durante os 90 segundos de vídeo deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Análise da barreira: exemplificar ou expoñer, a través dunha situación cotiá, o desafío ou dificultade.
  • Enfoque e empatía: expoñer a situación ou desafío, desde a empatía e comprensión cara ás persoas con discapacidade.
  • Proposta para mellorar a situación vivida: exemplifícase a idea, e o seu impacto para facilitar o día a día das persoas con discapacidade.

Aquí tedes un exemplo que vos pode servir de guía para facer o vídeo do reto mensual e incluír o vídeo que hai aquí:

LIGAZÓNS DESTACADAS: