Nun mundo que apenas deixa espazo para imaxinar, a creatividade de nenos e adolescentes apágase pouco a pouco.
Pero a imaxinación é a semente dun futuro inclusivo, porque é unha linguaxe universal que non entende de barreiras nin discapacidades. Se a coidamos e a impulsamos xuntos, poderemos non só soñar, senón tamén construír un mundo onde todas as persoas teñan o seu lugar. Un mundo máis xusto, accesíbel e cheo de posibilidades para todas as persoas.
Por iso, a 42.ª edición do Concurso Escolar ONCE convida o alumnado a deterse un momento e a usar a súa creatividade para imaxinar unha contorna máis inclusiva.
Como? Retándoos a deseñar produtos accesíbeis que aínda non existen (ou que poderían mellorar os xa existentes), co obxectivo de facer o mundo máis accesíbel para todos e todas
O alumnado contará con tres ferramentas creativas, fáciles e motivadoras que lles axudarán a percorrer un proceso de aprendizaxe e creatividade. Utilizando estas ferramentas conseguiredes, desde a empatía, chegar a unha proposta innovadora e accesíbel:
Unha guía docente para fomentar espazos reais de imaxinación na aula.
Un taboleiro dixital e accesíbel para proxectar na aula e xogar en equipo. Cada casa propón retos reais e experienciais que axudarán ao alumnado para poñerse na pel de persoas con discapacidade superando diferentes barreiras.
Fichas de apoio para imaxinar e crear os seus deseños de produtos accesíbeis.
Xoga co teu alumnado para traballar a empatía, o pensamento crítico e a conciencia social.
As súas ideas poden inspirar solucións reais que fagan do mundo un lugar máis accesíbel para todos e todas!