Nueva edición del Concurso Escolar ONCE

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Oncity: O videoxogo que nos fai iguais

39.ª edición do Concurso Escolar ONCE

Cartel do 39.º Concurso Escolar do Grupo Social ONCE

Na súa 39.ª edición, o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE reinvéntase e presenta un videoxogo educativo e accesibleque procura sensibilizar ao alumnado de Primaria, Secundaria e FP a través dunha experiencia inmersiva, onde aprenderán sobre a importancia de vivir nun mundo máis inclusivo.

As metodoloxías innovadoras como a gamificación están cada vez máis presentes nas aulas, e a comunidade docente recoñece os beneficios deste tipo de recursos para motivar a curiosidade e a aprendizaxe. Por iso, o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE dá un paso máis cara a este formato que conecta 100% co alumnado.

O obxectivo principal do videoxogo é que os alumnos aprendan, motivando a súa curiosidade, e se sensibilicen a través de experiencias. Vivirán unha grande aventura na que se atoparán con diferentes desafíos que terán que superar para conseguir que a cidade de Oncity sexa 100% accesible para todos e todas.

Poderase xogar de forma individual, en familia, na aula... e en cada percorrido o alumnado obterá novas aprendizaxes e experiencias.

O traballo de participación (un por clase) consistirá en crear en equipo, desde un só computador, unha lona cunha frase que inspire sobre a importancia de lograr unha sociedade máis inclusiva. Esta lona elaborarase utilizando as ferramentas que ofrece o encerado dixital que se encontra dentro da zona privada do profesor.

O videoxogo terá:

12 desafíos centrados no coñecemento de 4 discapacidades: visual, auditiva, intelectual e física.

Diferentes xogos de concurso de preguntas e respostas cos que os/as usuarios/as poderán aprender novos aspectos relevantes sobre a inclusión, empatizando ademais coas diferentes discapacidades que se presentan.

Recomendacións culturais relacionadas coa inclusión (libros, filmes, series…).