Premios

Gran premio nacional!

O alumnado e profesorado das clases gañadoras en cada categoría viaxarán a Madrid para participar no Hackathon Xeración INNOVA, un evento único que une mocidade, innovación e accesibilidade. Durante o Hackathon, os gañadores enfrontaranse a un reto social real, deseñando solucións creativas que promovan a accesibilidade. Guiados por expertos en deseño de produto accesíbel, como o equipo de ONCE Innova, e outras entidades colaboradoras, os participantes vivirán unha experiencia inesquecíbel.

Premios autonómicos e para os 5 finalistas da categoría E!

O alumnado e profesorado dos grupos gañadores na fase autonómica, ademais dos cinco grupos finalistas da categoría E, recibirán 300 €+IVA para realizar unha actividade da súa elección na aula.

PREMIOS RETOS MENSUAIS!

Nesta edición, as clases poderán optar coa súa participación a exclusivos premios mensuais. Premios para a clase que farán voar a vosa imaxinación para crear, deseñar e repensar un futuro mellor e máis inclusivo e innovador. Que premios son?

Reto 1: Outubro 2025

Un superpack de LEGO Braille bricks, LEGO Classic, LEGO BricQ e LEGO DOTS.

Reto 2: Novembro 2025

Unha impresora 3D con filamento para converter as ideas en realidade.

Reto 3: Xaneiro 2026

Dúas tabletas para a aula con Canva PROL e Genially PROL.

Reto 4: Febreiro 2026

Un smartwatch para cada alumno e profesor.

Participa cada mes superando os retos mensuais!!

* Consulta as bases do Concurso

LIGAZÓNS DESTACADAS: