A plataforma web “42 Concurso Escolar ONCE” (en diante, “a Web”) é propiedade da ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CEGOS ESPAÑOIS (en diante, “a ONCE”), con domicilio social na rúa José Ortega e Gasset, 18, 28006 Madrid e NIF Q2866004A. A ONCE é a entidade responsábel de tratar os datos persoais dos Usuarios que se rexistren na presente Web (en diante, o “Usuario” ou os “Usuarios”).
A recollida de datos persoais, o tratamento e a súa utilización posterior por parte da ONCE, como Responsábel do tratamento, levaranse a cabo con plena suxeición á lexislación vixente en España en materia de protección de datos, conformada polo Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (en diante, o “RGPD”), a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, “LOPDGDD”) e a súa normativa complementaria.
A ONCE só será responsábel e garantirá a confidencialidade e seguridade respecto dos datos de carácter persoal que solicite directamente dos Usuarios a través da Web. Se un Usuario non desexa que a ONCE someta a tratamento os seus datos persoais, deberá absterse de encher o formulario existente na Web.
A ONCE ten nomeado un Delegado de Protección de Datos con quen se pode contactar para calquera cuestión relacionada cos seus datos persoais no correo electrónico dpdatos@once.es e/ou no domicilio da rúa Prado, 24, 28014 Madrid.
Na presente Política, proporciónase aos usuarios toda a información requirida sobre o tratamento pola ONCE dos seus datos persoais a través da Web. Mentres que a Política de Cookies ofrece a información pertinente sobre as cookies que hai instaladas nesta Web, a súa tipoloxía, finalidades e forma de deshabilitalas.
A recollida de datos persoais poderá realizarse, principalmente, a través do formulario de solicitude de datos do Usuario relativos ao seu rexistro como participante no “42.º Concurso Escolar ONCE” (en diante, “o Concurso”), que poderá encher na Web.
A ONCE non se fai responsábel dos tratamentos e posteriores utilizacións dos datos persoais que realicen outros terceiros sobre datos non solicitados pola ONCE.
As categorías dos datos persoais solicitados a través do formulario disposto na Web para os que o Usuario outorga o consentimento para os fins do tratamento sinalados son:
Os datos persoais facilitados polos Usuarios na Web serán tratados coas finalidades estipuladas de forma particular nesta Política de Privacidade, no formulario de datos disposto na Web e, no seu caso, no estipulado nas Bases do Concurso.
En particular, as finalidades de tratamento serán as correspondentes ás que se derivan da solicitude de participación no Concurso voluntariamente formulada polo Usuario e as preferencias que este seleccionase de forma expresa, é dicir, todas aquelas que sexan necesarias para dar cumprimento á súa participación e cantos aspectos normativos sexan de aplicación, incluída a xestión de dereitos de datos persoais.
A base xurídica do tratamento de datos atópase no consentimento inequívoco, expreso e informado do Usuario titular dos datos que achega voluntariamente os seus datos a través do correspondente formulario disposto a través desta Web, así como a execución dos termos que regulan as Bases do Concurso.
Os datos serán conservados pola ONCE durante o tempo imprescindíbel e necesario para xestionar as solicitudes de participación no Concurso e durante o desenvolvemento do mesmo, ademais de para o cumprimento das obrigas legais que se deriven do Concurso.
En calquera caso, cando os datos persoais xa non resulten necesarios para os fins de tratamento para os que foron solicitados, a ONCE procederá ao seu bloqueo, quedando a disposición unicamente das autoridades competentes para a posíbel depuración das responsabilidades xurídicas durante o tratamento dos mesmos, sempre de conformidade coa normativa aplicábel, non podendo utilizarse a outros fins distintos a estes. Transcorridos os prazos legais correspondentes en caso de bloqueo, tales datos persoais suprimiranse segundo dispón a normativa aplicábel, podendo tamén, se así resultase aplicábel, anonimizarse de forma segura pola ONCE.
Se o Usuario non facilita os seus datos persoais podería dar lugar á imposibilidade de que poida: 1) navegar correctamente a través da Web; 2) acceder a certos contidos ou servizos; 3) tramitar a súa solicitude.
En todo caso, o Usuario comprométese a que a información e datos persoais que achegue á ONCE, segundo cada caso, deberán ser: 1) suficientes, aínda que axustados, limitados e proporcionados ao formulario da Web; 2) exactos, actualizados e veraces, a fin de poder verificar de forma adecuada a súa identidade e poder acceder aos servizos da Web.
Os Usuarios serán plenamente responsábeis polos datos e información persoal que acheguen á ONCE no marco da presente Web.
Os datos obxecto do tratamento non serán comunicados a terceiros, exceptuando aquelas empresas de transporte que fagan entrega dos premios de participación, ás que se lles facilitará o nome do profesor rexistrado e o seu teléfono, para posibilitar a entrega dos devanditos materiais nos centros escolares. Tales provedores terán a consideración de encargado do tratamento e operarán baixo un contrato de servizos nos termos, condicións e garantías contidas no artigo 28 do RGPD.
Tampouco están previstas transferencias internacionais dos datos sen que os Usuarios fosen informados previamente e sen ter o seu consentimento expreso. En todo caso, concorrerán as bases e garantías legais suficientes en caso de cesión ou de transferencia dos datos persoais a calquera outro terceiro en consonancia coa normativa aplicábel.
O Usuario poderá en todo momento revogar o consentimento para o tratamento dos seus datos, así como exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou oposición ao tratamento dos datos e á portabilidade dos datos, dirixindo unha comunicación escrita á seguinte dirección: Dirección Xeral da ONCE; rúa Prado, 24, 28014 Madrid, ou ao correo electrónicodpdatos@once.es. O exercicio destes dereitos é persoal, polo que unicamente o propio Usuario, directamente ou a través de representante legal ou voluntario, poderá exercer os devanditos dereitos respecto dos datos persoais dos que é lexítimo titular. A revogación do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no consentimento inicial.
O exercicio dos citados dereitos por un terceiro non autorizado legalmente ou polo Usuario podería supoñer a comisión dun delito, sen prexuízo doutras consecuencias ás que debese enfrontarse como consecuencia de calquera acción civil ou administrativa á que tivesen dereito tanto o Usuario lexítimo titular dos datos persoais, os seus representantes, no seu caso, ou o propia ONCE.
O Usuario, no caso de que así o considere, ten dereito a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.
Os datos persoais serán tratados co grao de protección adecuado e para iso a ONCE, en cumprimento da lexislación vixente, implementou as medidas de seguridade técnicas e organizativas apropiadas a fin de garantir a debida seguridade e protección dos datos persoais dos Usuarios para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía. Como Responsábel do tratamento dos datos persoais solicitados a través da Web, a ONCE está comprometida co cumprimento da súa obriga de secreto e confidencialidade dos datos persoais obtidos e do seu deber de gardalos, aplicando en todo caso as medidas técnicas e seguridade máis adecuadas en cada momento en atención aos riscos concorrentes (principio de enfoque de risco)
A ONCE reserva o dereito de modificar esta política, para adaptala a futuras novidades lexislativas, doutrinais ou xurisprudenciais que resulten de aplicación, ou por motivos técnicos ou operativos, informando ao Usuario previamente dos cambios que se produzan cando iso sexa posíbel. En todo caso, recoméndase ao Usuario que, cada vez que acceda á Web, lea con detalle esta política, xa que calquera modificación será publicada a través da mesma.