O GRAN TABOLEIRO DA ACCESIBILIDADE

Nesta edición, convidámosvos a poñervos na pel de persoas que se enfrontan a distintas barreiras no seu día a día. Como? A través dun xogo en forma de percorrido dixital, cheo de retos experienciais que transformarán a aula nun espazo de aprendizaxe vivencial e colaborativa.

Elixide un avatar de clase e a duración da partida (mínimo 20 minutos, máximo 40 minutos). Todo listo? Tirade o dado e avanzade o número de casas na dirección que queirades. Cada casa contén unha pequena proba experiencial, sinxela de realizar na aula, que teredes que superar.

Esta ferramenta, que atoparás na túa área privada, permitirá ao alumnado traballar de forma colaborativa, fomentando a empatía e a sensibilización.

A través da experiencia, comprenderán non só os desafíos que enfrontan a diario as persoas con algunha discapacidade, senón tamén as barreiras que calquera pode atopar na súa vida, como o idioma, problemas de saúde ou os causados pola dependencia tecnolóxica.

Non se compite: xógase para empatizar, reflexionar e transformar.

Poderedes xogar todas as veces que queirades para descubrir novos retos!

INSCRÍBETE PARA GOZAR DA EXPERIENCIA!

LIGAZÓNS DESTACADAS: