Nueva edición del Concurso Escolar ONCE

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material didáctico secundaria

Detectar

Descargar PDF

1. FACENDO EQUIPO

DESCRICIÓN DA DINÁMICA:

Nesta segunda dinámica, os alumnos terán que poñerse na pel doutras persoas para vivenciar distintas situacións.

Por medio desta actividade grupal, baseada nun role play, os alumnos e alumnas traballarán a empatía e a escoita activa.

Agrupados por equipos, dispoñerán de dúas tarxetas sacadas ao azar: unha coa descrición dunha situación e outra coa descrición do personaxe (con ou sen discapacidade) ao que lle afecta esa situación e da que é protagonista.

Cada tarxeta dispón dunha batería de preguntas reflexivas: ao emparellar personaxe e situación, o equipo terá que poñerse no lugar do personaxe, responder as preguntas e acordar unha solución baseada na empatía e o respecto, para evitar o caso de soidade non desexada.

Que son a empatía e a escoita activa

A empatía é a capacidade de entender as emocións da outra persoa, aínda que non se compartan. Defínese como a habilidade de poñerse no lugar de outra persoa e comprender como se sente nunha determinada situación.

A escoita activa, ou empática, é cando se escoita para comprender á outra persoa, centrando a atención nela.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

DURACIÓN DA ACTIVIDADE:

15 minutos.

PAUTAS DE REALIZACIÓN:

  1. Organiza equipos de 3-5 alumnos e reparte, ao azar, unha tarxeta de situación e outra de personaxe.
  2. Por quendas, cada integrante do equipo debe responder as preguntas que se expoñen en cada tarxeta, primeiro empatizando co personaxe e poñéndose no seu lugar, e despois respondendo de forma persoal.
  3. Cada equipo, tras a rolda de preguntas reflexivas, debe chegar a unha solución que permita ao personaxe evitar unha situación de soidade non desexada.
  4. Posta en común para acordar as actitudes que deben ter o grupo-clase se se atopan con situacións parecidas no centro escolar.

Descargar as tarxetas dos personaxes Descargar as tarxetas das situacións

FINALIDADE DIDÁCTICA AXUSTADA AO TRABALLO DE PARTICIPACIÓN:

BIBLIOTECA DE RECURSOS

Se dispós de máis tempo de clase ou se queres afondar máis, deixámosche estes recursos gamificados para seguir formando equipo!