O obxectivo principal desta experiencia inmersiva é que alumnos e alumnas aprendan xogando e motivar a súa curiosidade, mentres se sensibilizan e empatizan co mundo da discapacidade e a inclusión.
Trátase dunha grande aventura na que se irán encontrando con diferentes desafíos que terán que superar para conseguir que a cidade de Oncity sexa accesible para todos e todas.
Para gozar do videoxogo tes que apuntarte ao Concurso Escolar. Cada partida dura aproximadamente 25-30 minutos, pero todo dependerá dos vosos coñecementos! Porén, non te preocupes, podes gardar a partida e seguir noutro momento.
Dentro do videoxogo tes diferentes minixogos, preguntas coas que aprender novos aspectos sobre a inclusión e contidos sorpresa cos que descubrir unha morea de filmes, bandas deseñadas, plans de ocio e moito máis que che axudará a sensibilizar ao teu alumnado.
Para participar no Concurso Escolar non é necesario que vivades esta experiencia, pero recomendámosvos facelo!, xa que é unha gran ferramenta coa que empatizar e entender o propósito desta 39.ª edición.