42.º Concurso Escolar ONCE - Xeración Innova. Imaxinar fainos iguais

42.º Concurso Escolar ONCE

Benvidos e benvidas á 42.ª edición do Concurso Escolar ONCE!

Nesta edición celebramos o poder da imaxinación, unha capacidade que está a se perder pouco a pouco. Cada vez hai menos conversacións, menos pausas para reflexionar, menos silencio. E hoxe, máis que nunca, necesitamos parar para imaxinar unha contorna accesíbel para todas as persoas

A imaxinación non entende de barreiras nin discapacidades:
é un espazo onde todas as mentes poden crear e soñar xuntas.

E este ano, ademais, o concurso chega cargado de novidades:
premios mensuais e un gran premio final moi diferente a todos os anteriores.

Valo perder?

Nesta edición, o alumnado imaxinará e deseñará produtos accesíbeis que axuden a construír un mundo inclusivo para todas as persoas.

Porque o que imaxinemos hoxe, mañá pode cambiar o mundo.
QUERO PARTICIPAR

ACCEDE AOS CONCURSOS ANTERIORES

Tanto se desexas consultar os gañadores, como aproveitar os materiais didácticos das anteriores edicións do Concurso Escolar da ONCE, aquí poderás atopalas: