Nesta primeira dinámica, traballaranse as habilidades intrapersoais dos alumnos e alumnas.
Este tipo de habilidades axudan a coñecerse mellor e valorarse, facilitando, á súa vez, as relacións cos demais.
Por medio do autocoñecemento e reflexión interior, esta dinámica axudará ao alumnado a definirse, poñendo en valor o seu carácter, así como os seus gustos e hobbies.
O enunciado da ficha sitúa ao alumnado nun contexto gamificado que lle permitirá abrirse e expoñer a súa personalidade.
Pide que non escriban o seu nome real na ficha, xa a que ao remate da dinámica poñeranse todas as fichas en común e será interesante comprobar canto se coñecen os alumnos e alumnas entre si, así como os hobbies que comparten.
Que son as habilidades intrapersoais:
As habilidades intrapersoais son actitudes que unha persoa ten para comprender as súas propias emocións, identificalas e regulalas de forma eficaz, por exemplo o autocoñecemento, a confianza e a autoestima.
Estas capacidades facilitan que unha persoa poida coñecerse a si mesma, para entender mellor o seu propio carácter e personalidade, de maneira que isto lle axude, á súa vez, a relacionarse cos demais.
Están relacionadas coas habilidades brandas ou Soft skills, que son as habilidades que unha persoa ten para expresarse, entender e facerse entende.
A escoita activa, a comprensión do outro e inspirar confianza son algunhas habilidades brandas.
15 minutos.
En función da idade madurativa do teu alumnado, podes facer estas actividades previas para axudarlles a autodefinirse:
BIBLIOTECA DE RECURSOS
Se dispós de máis tempo de clase ou se queres afondar máis, deixámosche estes recursos gamificados para seguir formando equipo!
Recursos de Soledad.es