Porque os/as docentes sodes o motor deste Concurso , nesta edición créase un novo premio para os profesores e profesoras que máis clases inscriban e presenten máis traballos no Concurso. Entregarase un premio por categoría (4 premios en total).
En caso de empate, terase en conta a porcentaxe de alumnos e alumnas que completasen o videoxogo. Este premio será unha experiencia de fin de semana valorada nun máximo de 300 € (21% IVE INCLUÍDO).*
O alumnado e profesorado dos grupos gañadores na fase autonómica e dos cinco grupos finalistas da categoría E, serán premiados cun smartwatch, un reloxo intelixente para estar á última.
As clases gañadoras na fase de ámbito estatal desfrutarán do Festival da Inclusión: un evento para celebrar a inclusión e levala a todo o centro. Un festival á vosa medida, con diferentes actividades como espazo de gaming, música, desafíos, etc.