Como clase, teredes que deseñar unha LONA creativa a modo de valado publicitario. O deseño da peza debe incluír unha frase ou slogan que poña en valor a importancia de lograr unha sociedade máis inclusiva. Dentro do videoxogo inclúese un encerado dixital que servirá de soporte para a creación do traballo a concurso.
No material didáctico atoparaedes máis información que vos axudará a facer a vosa lona para a cidade de Oncity.
Unha vez acabado o traballo, debedes acompañalo dunha audiodescrición*, para facer accesible a peza.
* Detalla que se ve na lona de maneira concreta (imaxes, cores, estrutura, mensaxe...).
Só che resta subila á túa Área privada. E listo!
QUE GAÑE QUEN SEXA MÁIS CREATIVO!