Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
ONCE Upon a time. La mirada de todos/as

World Blindness Summit

ONCE upon a time. A mirada de tod@s.

Érase unha vez, non moi lonxe de aquí, un grupo de persoas cegas que decidiu formar unha Organización para normalizar as vidas das persoas con discapacidade, facilitar os seus estudos, darlles traballo e fomentar a inclusión…

Pero isto non é un conto, o Grupo Social ONCE fíxoo realidade, logrando que na sociedade, todos vaiamos adquirindo unha mirada moi especial: a da inclusión das persoas con discapacidade. Por iso en breve vai ter lugar un acontecemento internacional de grande envergadura:

World Blindness Summit (WBS-Madrid 2020)

Do 19 ao 24 de xuño de 2020, Madrid acollerá a Asemblea Xeral conxunta da Unión Mundial de Cegos (UMC) e o Consello Internacional para a Educación das Persoas con Discapacidade Visual (ICEVI). Está previsto que acudan delegacións de 190 países en representación de… 285 millóns de persoas cegas de todo o mundo!

Un grande acontecemento para o que debemos prepararnos… e necesitámosvos a todos e a todas! Xuntos imos tomar a inclusión por bandeira e inspirar a nenos e adolescentes de todo o mundo. Aceptades o reto?

Apúntate xa xunto coa túa clase.
Imos ser a capital mundial da cegueira!!