O obxectivo desta experiencia é que alumnos e alumnas aprendan e motiven a súa curiosidade, mentres se sensibilizan e empatizan co mundo da discapacidade e a inclusión.
Trátase dunha grande aventura na que se irán atopando con diferentes retos que terán que superar e onde coñecerán a evolución da inclusión nestas catro décadas.
Para poder desfrutar do videoxogo, tes que inscribirte no Concurso Escolar. Cada partida dura aproximadamente 30-35 minutos, pero todo dependerá dos vosos coñecementos! Pero non te preocupes, podes gardar a partida e seguir noutro momento.
Nesta edición tan especial, xunto a Igu, habitante de ONCITY, viaxaredes no tempo a través de diferentes escenarios onde coñeceredes novos personaxes e se vos presentarán novos retos cos que aprender sobre inclusión. Ah! E contido sorpresa co que descubrir un montón de momentos importantes na historia do Concurso!
Para participar no Concurso Escolar non é necesario que vivades esta experiencia, pero recomendámosvos facelo! É unha gran ferramenta que vos axudará a entender o propósito desta 40.ª edición.