Valoración dos xurado

Que valorará o xurado?

Os criterios que o Xurado do Concurso Escolar ONCE utilizará para elixir os gañadores estarán centrados en catro piares fundamentais:

1. VIABILIDADE E ENFOQUE NA ACCESIBILIDADE

A proposta debe resolver unha barreira real relacionada coa accesibilidade (visual, auditiva, física ou cognitiva) e propoñer unha solución que sexa posíbel levar a cabo.

2. ORIXINALIDADE DA IDEA

Valorarase que o produto proposto non exista actualmente ou que propoña unha mellora clara fronte a solucións xa existentes.

3. PRESENTACIÓN CREATIVA DO PRODUTO

Terase en conta como se comunica a idea na imaxe enviada: nome do produto, ilustración ou deseño e atractivo visual, ademais da claridade da explicación na ficha técnica.

4. ACCESIBILIDADE DA PROPIA PROPOSTA

Valoraranse especialmente os traballos que presenten a súa idea de forma accesíbel, clara e comprensíbel para calquera persoa.

LIGAZÓNS DESTACADAS: