Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
Por mí y por todos mis compañeros. Ideas para un recreo inclusivo.

Recreo inclusivo

Coñeces todas as posibilidades que un recreo inclusivo ofrece aos teus alumnos/as?

Desde un punto de vista social, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos de distintas idades, etapas educativas e perfís, poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos seus iguais nun espazo onde poñer en práctica as habilidades de negociación e mediación de conflitos entre eles.

Respecto ao recreo como espazo físico, reflexionando sobre a morfoloxía do patio, este pódese cambiar incorporando recunchos ou espazos delimitados para o desenvolvemento doutras actividades e tamén mellorando a accesibilidade para aqueles alumnos que o requiran, poñendo en valor a cada alumno e alumna, así como a diversidade de necesidades e intereses. E é que 525 horas dan para moito…

Para axudarvos a conseguir unha Escola máis inclusiva, neste gráfico explicámosvos as dimensións social e física que entran en xogo cando falamos de recreo.

Imaxe esquemática que explica a modo de infografía as dúas dimensións do recreo:
1.- O recreo entendido como espazo físico, onde convidamos a traballar sobre a morfoloxía do espazo tendo en conta a diversidade e ás persoas con discapacidade. Para iso, a imaxe suxire crear espazos diversos para todos, como espazos verdes, espazos de lectura, xogos de mesa e torneos.

2.- A outra metade do esquema visual informa sobre o recreo na súa dimensión como espazo social. Para traballar a inclusión e a sociabilidade de todo o alumnado, o esquema suxire ideas como inventar xogos e deportes inclusivos, fomentar a igualdade de xénero e o desenvolvemento de habilidades sociais.

Agora os vosos recreos serán contornas máis inclusivas!