Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
Por mí y por todos mis compañeros. Ideas para un recreo inclusivo.

Política de protección de datos de carácter persoal

De acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos), infórmase dos seguintes aspectos:

  • Os datos de carácter persoal que se solicitan no formulario de solicitude de participación no Concurso Escolar, serán incluídos nun ficheiro do que é responsable a ONCE, que ten o seu domicilio a estes efectos na súa Dirección Xeral, na rúa Prado nº 24, 28014 de Madrid.

  • O tratamento que a ONCE vai facer dos datos é o necesario para a xestión e resolución da solicitude presentada.

    Se o/a titular dos datos non presta o seu consentimento para o tratamento dos mesmos, a solicitude non poderá ser tramitada e resultará imposible a xestión, desenvolvemento e cumprimento das obrigacións derivadas da mesma.

  • A ONCE ten nomeada unha Delegada de Protección de Datos, con quen poderá contactar por correo electrónico dpdatos@once.es e/ou no enderezo postal da rúa Prado, 24, 28014 de Madrid.

  • A base xurídica do tratamento de datos atópase no consentimento expreso e informado do/da titular dos datos

  • Os datos serán conservados durante o tempo imprescindible para a tramitación e resolución da solicitude e o desenvolvemento do Concurso Escolar.

  • En calquera momento, o/a titular dos datos poderán exercer os seus dereitos de acceso aos datos, rectificación, eliminación, limitación ou oposición ao tratamento e á portabilidade dos datos, así como a revogar o seu consentimento ao tratamento dos seus datos. Estes dereitos poderán ser exercidos mediante solicitude por escrito á ONCE dirixida ao enderezo postal da rúa Prado nº 24, 28014 de Madrid ou por correo electrónico dpdatos@once.es A revogación do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no seu consentimento inicial.

  • O/A titular dos datos ten dereito, no caso de que así o considere, a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.