O camiño que nos torna iguais

Parents' Associations - Category F

O noso reto

Mellorar a inclusión das persoas con discapacidade no noso centro educativo.

Transformar a sociedade na que vives.

Darte conta de que ti podes cambiar as cousas.

Descargar en formato PDF
  1. Comezamos lembrando o que sabemos sobre a discapacidade. Así, abriremos o baúl da memoria para lembrar as persoas con discapacidade que coñecemos, de coñecermos algunha, as persoas con discapacidade das que nos falaron, ou sinxelamente os momentos da nosa vida nos que por unha lesión ou accidente sufrimos limitacións temporais de mobilidade, visión, ouvido e/ou comunicación similares ás que sofren de forma crónica as persoas con discapacidade. Podemos tomar uns minutos para que cada un recupere eses recordos.

    A continuación, proxectamos os videotestemuños do Grupo Social ONCE. Estas pezas audiovisuais abordan a realidade das persoas con discapacidade en cada un dos catro ámbitos chave: Lecer, Educación, Emprego e Accesibilidade Universal.

  2. O noso obxectivo é facer unha proposta para que o noso centro escolar sexa máis inclusivo. Para iso, pode ser de utilidade ler estes testemuños:

    Moncho non perde un partido da selección de baloncesto. Encántalle ir xogar cos seus amigos cada sábado. Moncho utiliza unha cadeira de rodas para desprazarse. Os seus pais están preocupados porque non saben se o seu novo instituto está adaptado para que o Moncho poida practicar educación física cos seus compañeiros de clase.

    Ao Xoán gústalle cociñar desde que era pequeno. Os seus pais preparábanlle as receitas paso a paso con imaxes, xa que di poucas palabras e comunícase basicamente con imaxes. O Xoán quere traballar nunha cociña e, para iso, quere estudar un módulo de formación profesional.

    Ledicia é unha apaixonada do deseño. Quere estudar formación profesional e poder traballar como deseñadora de roupa. Ledicia é xorda e non sabe se o módulo que quere estudar está adaptado.

    Virxinia ten sensibilidade aos ruídos. Cando os demais estudantes moven as súas cadeiras e mesas na aula, Virxinia sente dor máis que molestias polo ruído. Ten que saír da aula e buscar un espazo tranquilo no que acougarse. Pásalle o mesmo coa sirena que soa todos os días para avisar aos estudantes do comezo e a finalización do tempo de recreo.

    Á Sabela gústalle o seu colexio, aínda que hai moitos espazos que non sabe que son. Sabela ten autismo e comunícase con imaxes. Nunca sabe onde está o cuarto de baño, o espazo de logopedia ou de arte, porque non hai imaxes no colexio que identifiquen as diferentes pezas.

    Vista externa dun colexio.
    Neno cunha paleta de cores e un lenzo.
    Cuarto de baño.
  3. A continuación, abrimos un diálogo ou reflexión colectiva sobre as posibles necesidades non cubertas do alumnado, pais e/ou profesores con discapacidade que hai ou podería haber nun futuro próximo no noso centro educativo.

  4. Para ir perfilando a proposta da AMPA, asignamos tres post-it a cada persoa e pedímoslles que pensen nun máximo de tres estratexias ou medidas que mellorarían a inclusión das persoas con discapacidade no centro educativo.

  5. A continuación, pedimos a cada persoa que comparta cos demais as súas propostas. O ideal é ir colocando os post-it no encerado ou parede, destacando as propostas que son equivalentes, as que están máis próximas a outras, etc. Así, disporemos dun mapa visual de propostas.

  6. O grupo ha de seleccionar, votando como no paso anterior, unha única proposta para mellorar a inclusión das persoas con discapacidade no centro educativo.