O camiño que nos torna iguais
Material didáctico primaria e educación especial

Vinculación curricular

Descargar en formato PDF

Competencias chave

  • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.

    Subcompetencias:

    • Competencia para Comprender a realidade social.

      Descritores:

      1. Comprender a realidade social.
      2. Ser conscientes da existencia de diferentes perspectivas para analizar a realidade.
    • Competencia en Cooperación e Convivencia.

      Descritores:

      1. Cooperar e convivir.
      2. Ser capaz de poñerse no lugar do outro e comprender o seu punto de vista.
    • Competencia en Cidadanía.

      Descritores:

      1. Exercer a cidadanía democrática e contribuír á mellora.
  • COMPETENCIA NO TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL.

    Subcompetencias:

    • Obter información, procura, selección, rexistro e tratamento.

      Descritores:

      1. Acceder á información utilizando técnicas e estratexias específicas.
      2. Buscar, seleccionar, rexistrar, tratar e analizar a información.
    • Transformar a información en coñecemento.

      Descritores:

      1. Organizar a información, relacionala, analizala, sintetizala, facer inferencias e deducións de distinto nivel de complexidade.
      2. Resolver problemas reais de modo eficiente.
      3. Tomar decisións. Traballar en contornas colaborativas. Atinxir obxectivos e metas de aprendizaxe, traballo e lecer.
  • COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER.

    Subcompetencias:

    • Xestionar e controlar as propias capacidades e coñecementos.

      Descritores

      1. Exporse preguntas
      2. Identificar e manexar a diversidade de respostas posibles.
      3. Saber transformar a información en coñecemento propio.
  • COMPETENCIA DE AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.

    Subcompetencias:

    • Valores e actitudes persoais.

      Descritores:

      1. Desenvolver plans persoais.
    • Planificación e realización de proxectos.

      Descritores:

      1. Buscar as solucións e elaborar novas ideas.
      2. Imaxinar e desenvolver proxectos.
      3. Valorar as posibilidades de mellora.
    • Habilidades sociais de relación e de liderado de proxectos.

      Descritores:

      1. Traballar cooperativamente. Valorar as ideas dos demais.
      2. Organizar tempos e tarefas.
  • COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO.

    Subcompetencias:

    • Comprensión dos sucesos e a predición das súas consecuencias.

      Descritores:

      1. Comprender e identificar preguntas ou problemas e obter conclusións.
      2. Interpretar a información que se recibe para predicir e tomar decisións.
    • Mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e resto de seres.

      Descritores:

      1. Argumentar consecuencias dun tipo de vida fronte a outro en relación coa protección da saúde, tanto individual como colectiva.
      2. Interiorizar os elementos chave da calidade de vida das persoas.

Materias Etapa Primaria

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

Bloque 1. A identidade e a dignidade da persoa

Táboa de criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables.
Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables
Construír o estilo persoal baseándose na respectabilidade e a dignidade persoal. Explica o valor da respectabilidade e a dignidade persoal.
Estruturar un pensamento efectivo e independente empregando as emocións de forma positiva. Reflexiona, sintetiza e estrutura os seus pensamentos.
Describe o valor da reestruturación cognitiva e a resiliencia.
Realiza un adecuado recoñecemento e identificación das súas emocións.
Expresa os seus sentimentos, necesidades e dereitos ao tempo que respecta os dos demais.
Propoñerse desafíos e levalos a cabo mediante unha toma de decisións persoal, meditada e responsable, desenvolvendo un bo sentido do compromiso respecto a un mesmo e aos demais. Desenvolve actitudes de respecto e solidariedade cara aos demais en situacións formais e informais de interacción social.
Emprega o pensamento sobre as consecuencias para tomar decisións éticas.
Identifica vantaxes e inconvenientes dunha posible solución antes de tomar unha decisión ética.

Bloque 3. A convivencia e os valores sociais

Táboa de criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables.
Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables
Traballar en equipo favorecendo a interdependencia positiva e mostrando condutas solidarias. Utiliza as habilidades do traballo cooperativo.
Emprega destrezas de interdependencia positiva.
Describe condutas solidarias.
Practicar o altruísmo na contorna próxima sensibilizando sobre o seu valor. Móstrase xeneroso na súa contorna próxima. É capaz de sensibilizar sobre causas altruístas realizando exposicións orais sobre o seu valor e labores.
Colabora en causas altruístas en colaboración coa comunidade educativa.
Comprender o sentido da responsabilidade social e a xustiza social empregando a capacidade de reflexión, síntese e estruturación. Razoa o sentido da responsabilidade social e a xustiza social.
Identifica e analiza criticamente as desigualdades sociais.