Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
Por mí y por todos mis compañeros. Ideas para un recreo inclusivo.

Eventos Concurso Escolar ONCE

#NON TE PERDAS OS ÚLTIMOS EVENTOS DO CONCURSO ESCOLAR!

Rolda de prensa para medios

35 Concurso Escolar ONCE

O pasado 3 de outubro, tivo lugar a presentación oficial a medios da nova edición do concurso.

O Concurso Escolar ONCE, despois de 35 anos sensibilizando a nenos, nenas e adolescentes sobre a diversidade e a inclusión, é un referente de educación en valores nas aulas. Este ano, baixo o lema “Por min e por todos os meus compañeiros. Ideas para un recreo inclusivo”, convida tanto os docentes como ao alumnado a converter o recreo nunha oportunidade lúdica e educativa adaptada a todas as realidades, necesidades e intereses.

A presentación realizouse no patio do colexio Sagrado Corazón (Chamartín – Madrid). Este centro desenvolve múltiples medidas para favorecer a inclusión xa que considera “a atención á diversidade como unha das súas principais senhas de identidade” e conta con case un 8% de alumnado con necesidades educativas especiais (NEE).

Vídeo de resumo da xornada:

Fotografías da xornada:

Saltar galería

O RECREO, UNHA OPORTUNIDADE PARA A INCLUSIÓN

Xornada de sensibilización a docentes

O pasado día 20 de outubro descubrimos como converter o recreo nun espazo de aprendizaxe e inclusión, con grandes especialistas nacionais en metodoloxías activas, innovación pedagóxica e inclusión. Foi unha oportunidade única para compartir experiencias e debater sobre como transformar o recreo nunha oportunidade educativa que mellore a convivencia de todos os alumnos e alumnas.

Vídeo de resumo da xornada: