Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
Conexión Adiccioff. Esto no es un juego

Concurso Escolar ONCE

O mundo dixital, as novas tecnoloxías e Internet, reveláronse como ferramentas valiosísimas e extraordinarias. A tecnoloxía educa, informa, entretén e mellora a calidade de vida das persoas, con e sen discapacidade. É importante valorar os seus beneficios e tamén ser conscientes dos seus riscos, sobre todo entre nenos e adolescentes.

Por iso, este programa escolar foi desenvolvido tendo en conta a nova realidade educativa e as recomendacións dixitais trasladadas aos centros educativos polas Consellerías de Educación:

  • Uso de materiais dixitais.
  • Intensificación da formación en liña do profesorado.
  • Campaña informativa sobre as normas de ciberseguridade e protección de datos no uso de recursos tecnolóxicos.
  • Formación a alumnado e familias no uso das tecnoloxías dixitais.
  • Currículo en liña.

Nesta edición queremos transmitir, facendo entre todos unha campaña de publicidade, a mensaxe de que a tecnoloxía é a nosa aliada sempre que fagamos un uso responsable da mesma, e non un abuso que pode implicar riscos e consecuencias non desexadas. Desde o Grupo Social ONCE propoñémosvos converter o voso centro nun laboratorio de ideas para deseñar a campaña de sensibilización máis creativa e eficaz.

O reto consiste en crear unha campaña publicitaria de sensibilización co lema: “ConexiÓN / AdicciOFF. Isto non é un xogo”. Confiamos no talento e no potencial que cada día descubrimos nas aulas para transmitir unha mensaxe capaz de inspirar a toda a sociedade.

Que competencias adquirirá o alumnado co Concurso?

  • Competencia en comunicación lingüística: saber expresarse, de forma escrita e oral, en diferentes situacións comunicativas.
  • Aprender a aprender: planificar estratexias para a resolución de tarefas e sentirse protagonista do proceso de aprendizaxe.
  • Competencias sociais e cívicas: participar de maneira construtiva, respectar as diferenzas e mostrar tolerancia.
  • Conciencia e expresións culturais: desenvolver a iniciativa, a imaxinación e a creatividade para deseñar proxectos.

Pola temática, este programa pode traballarse en titorías ou na materia de Educación en Valores. Ademais, o formato convida a ser desenvolvido en Lingua, Tecnoloxía e Educación Artística e Plástica.

Cales son as metodoloxías aplicadas no Concurso Escolar ONCE?

A través de metodoloxías activas e pedagoxías innovadoras, o alumnado desenvolve as súas capacidades creativas ao tempo que se sente protagonista e responsable.

O material didáctico fomenta a educación en valores e axuda a reforzar a relación grupo-clase como parte da programación.

Para facilitar a vosa participación ofrecémosvos material educativo gratuíto desenvolvido por especialistas en función do currículo, así como un conxunto de documentos informativos avalados por expertos sobre o tema.