Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
O camiño que nos torna iguais

ANPA - Categoría F

As familias sodes un factor fundamental na educación dos vosos fillos e fillas.

É por isto, que este ano creamos unha nova categoría, para facervos partícipes, a través das ANPA, no Concurso Escolar do Grupo Social ONCE pola inclusión.

Familias, son horas de pasar da sensibilización á ACCIÓN!

Axudádesnos?

Como participar?

Cada ANPA poderá inscribir un só proxecto

PROPOÑEDE UN PROXECTO

É moi sinxelo! Como ANPA, poderedes participar propoñendo un proxecto para promover a inclusión no centro escolar, nun dos seguintes ámbitos:

Pode ser unha iniciativa totalmente nova ou unha que xa teñades en marcha!

Ademais, para formular a vosa proposta contaredes cunha ficha-guión que vos facilitaremos e que vos servirá de guía na presentación da idea.

SÚBEO Á WEB

Unha vez que teñades a ficha completada, só faltará subila á web, a través dun representante da vosa asociación, que será o encargado de realizar a inscrición.

Con la colaboración de:

Logotipo de CONCAPA
Logotipo de CEAPA

Material didáctico

Poñemos á vosa disposición estes materiais complementarios!

Foron elaborados por especialistas da Cátedra Obra Social A Caixa de Inclusión Social da Universidade de Murcia e coa colaboración de Antonio Márquez Ordóñez, mestre de Pedagoxía Inclusiva e especialista en Deseño Universal para a Aprendizaxe.

O obxectivo é facilitar ao máximo a vosa participación e orientarvos na presentación da vosa proposta. Este camiño percorrémolo xuntos!