Crear palabras novas é un exercicio creativo moi divertido! Esta nova palabra que creedes debe expresar unha necesidade actual das persoas con discapacidades. Porque, ao longo da historia, sempre foi necesario actualizar e crear palabras novas que respondan a novas realidades.
Exemplos:
Teredes que plasmar a palabra e o seu significado nun cartel creativo. Para iso, poderedes escribila a modo de lettering ou mesmo, como nalgúns dicionarios, facer un debuxo que acompañe á palabra e que axude a apoiar a súa definición.
Poderá facerse en cartel físico ou tamén facelo a través do encerado dixital que atoparedes no propio videoxogo. Co encerado, poderedes utilizar o lapis dixital ou o teclado e tamén teredes un espazo para subir unha imaxe ou un debuxo que acompañe a definición.
Só che resta subila á túa Área Privada. E listo!
Unha vez acabado o traballo, debedes acompañalo dunha audiodescrición*, para facer accesíbel a peza para as persoas con discapacidade visual.
* Detalla que aparece no cartel de maneira concreta (imaxes, cores, estrutura, mensaxe...).