Nueva edición del Concurso Escolar ONCE

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

O camiño que nos torna iguais

Preguntas Frecuentes

QUEN PODE PARTICIPAR?

No Concurso Escolar do Grupo Social ONCE poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en: Educación Especial, Primaria (de 3º a 6º), Secundaria, FP Básica, Bacharelato ou FP (Grao Medio e Superior).

Ademais, e como novidade nesta edición, convidamos a participar ás ANPA (Asociacións de Nais e Pais do Alumnado). Poderá participar calquera ANPA legalmente constituída e rexistrada no rexistro correspondente dos centros educativos que impartan ensino de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e/ou FP de todo o estado.

E SE OS MEUS ALUMNOS XA PARTICIPARON O ANO PASADO?

Non importa. A temática é completamente distinta, o mesmo que os traballos creativos solicitados aos participantes, polo que se trata dun novo concurso.

COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?

A participación no concurso farase mediante un traballo por clase e sempre dentro da categoría correspondente, segundo o curso ao que pertenzan os alumnos. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías tal e como ocorre nos centros escolares rurais agrupados ou nas clases de circo itinerantes, aulas especiais de apoio, etc.

Nestes casos, a clase participará na categoría na que haxa máis alumnos. En caso de empate, a clase participará pola categoría superior.

O número máximo de participantes por traballo será o número máximo de alumnos por clase que marque a lei vixente para cada nivel.

PODEN INSCRIBIRSE OS ALUMNOS E PARTICIPAR POLA SúA CONTA?

Non. Para participar é necesario que un educador do centro se encargue da inscrición.

QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O PROFESOR?

Este programa está integrado no currículo educativo e foi desenvolvido tendo en conta a realidade educativa. Por iso, non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador desenvolva na aula (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir aos seus alumnos na temática do concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.

O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada profesor. O profesor comprométese unicamente a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO DO GRUPO SOCIAL ONCE COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Este programa de acción educativa e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao currículo e pode traballarse a través das seguintes Competencias Básicas:

  • Competencia social e cidadá. Ser conscientes da existencia de diferentes perspectivas para analizar a realidade.
  • Competencia cultural e artística. Apreciar a creatividade implícita na expresión de ideas a través de diferentes medios artísticos.
  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. Interiorizar os elementos fundamentais da calidade de vida das persoas.
  • Competencia de autonomía e iniciativa persoal. Afirmar e defender dereitos. Poñerse no lugar do outro. Ser flexible nas formulacións. Ter confianza nun mesmo. Ter espírito de superación. Traballar de xeito cooperativo. Valorar as ideas dos demais.

É OBRIGATORIO REALIZAR AS ACTIVIDADES DA UNIDADE DIDÁCTICA?

Non. Son apenas unha ferramenta para facilitar ao profesor a tarefa de introducir aos seus alumnos na temática deste ano e en como abordar o traballo a presentar.

HAI UNHAS ESPECIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA O TRABALLO?

Si. Cada clase deberá presentar:

Primaria (3º - 6º) e Educación Especial:

Un CARTEL creativo, onde se explique unha idea para facer a contorna máis inclusiva nun dos seguintes ámbitos:

  • Lecer
  • Educación
  • Emprego
  • Accesibilidade Universal

Será enviado en liña a través da Zona Privada do profesor en formato .jpg cun peso máximo de 2 MB. O cartel terá un título que non superará os 140 caracteres e, para facilitar a accesibilidade, incorporará unha audio-descrición (explicando o cartel de maneira concreta e detallada: imaxes, cores, estrutura, mensaxe...) cunha duración máxima de 1 minuto. Os participantes poderán gravar dita audio-descrición a través da Zona Privada na súa zona de subida de traballos ou achegar un arquivo en formato .mp3, .mp4, .wav, .aac ou .3gp.

Para a realización do cartel, os alumnos poderán seleccionar recortes de revistas e xornais, utilizar imaxes da Internet, facer fotos eles mesmos ou realizar unha mestura das opcións anteriores. Ademais, poderán contar con todas as técnicas ás que poidan acceder, desde as máis tradicionais, como a ilustración ou a colaxe, a calquera programa informático de tratamento de imaxes do que dispoñan.

No caso de que o traballo non sexa dixital, terá que ser fotografado ou escaneado e subido á web como se indicou anteriormente.

ESO (1º-4º), Bacharelato e FP

O traballo consistirá en realizar un VÍDEO (como máximo de 1 minuto) que comunique unha idea da clase para facer máis inclusiva a contorna nun dos seguintes ámbitos:

  • Lecer
  • Educación
  • Emprego
  • Accesibilidade Universal

A duración máxima da peza audiovisual será de 60 segundos. Será enviado en liña a través da Zona Privada do profesor en formato .avi/.mp4/.mov cun peso máximo de 100 MB.

O audiovisual irá acompañado dun título, que non superará os 140 caracteres, e do guión do mesmo, para facilitar a accesibilidade.

ANPA (Asociacións de Pais e Nais do Alumnado)

Deberán facer un PROXECTO para promover a inclusión no centro escolar que inclúa a todo o alumnado, nun dos 4 ámbitos: lecer, educación, emprego e accesibilidade universal. Para iso deberán encher unha ficha-guión que servirá de resumo da proposta para implementar no centro.

PODEN TRABALLAR OS ALUMNOS DESDE CASA?

Ben seguro que si. Logo de que o educador lles explique como debe ser o traballo que deben presentar, os alumnos poden dedicar todo o tempo que queiran á elaboración do seu traballo fóra da aula.

AS ANPA PODEN PRESENTAR MÁIS DUN PROXECTO?

Non, limítase a participación a un proxecto por ANPA.

E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?

Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 808 111 (teléfono gratuíto), ao 682 789 326 (Whatsapp) ou enchede este formulario.