Conexión Adiccioff. Esto no es un juego

Como participar no 37 Concurso Escolar ONCE

Categorías de participación

  • A
    3º e 4º de Primaria
  • B
    5º e 6º de Primaria
  • C
    Educación Secundaria
  • D
    Bacharelato e FP*
  • E
    Educación Especial*

Estes traballos só participan na fase nacional

Os traballos propostos no noso Concurso Escolarvan permitir que os alumnos e alumnas poidan sacar o talento e a creatividade que levan dentro e potenciar as súas capacidades.

1 CLASE - 1 TRABALLO// 1 TRABALLO - 1 CLASE.

*A participación proponse como grupo-clase pero terase en conta calquera modificación organizativa que se produza por motivos sanitarios. Consultar as bases.

O traballo para realizar en cada unha das categorías de participación é:

PRIMARIA (3º - 6º) E EDUCACIÓN ESPECIAL

O traballo consiste en crear unha cuña de radio, de 1 minuto, como máximo, capaz de transmitir unha mensaxe sobre o bo uso da tecnoloxía por parte dos menores. Deberá ir titulada e, para facilitar a súa accesibilidade, incorporará un documento co texto da cuña.

*Para aqueles grupos, cuxa discapacidade afecte ou dificulte a locución da cuña, será aceptada e polo tanto válida a locución realizada polo docente. Ademais deberán transcribir o texto da mesma no apartado de “Descrición” da zona privada.

Secundaria (1º - 4º) e FP Básica

O resto consiste en deseñar un cartel publicitario en formato vertical. O anuncio debe captar a atención e transmitir unha mensaxe que fomente o uso responsable da tecnoloxía evitando o abuso da mesma. O anuncio deberá incluír un slogan e, para ser máis accesible, incorporará unha audiodescrición do mesmo.

BACHARELATO E FP

Os alumnos gravarán un spot publicitario, de non máis de 40” de duración, para sensibilizar sobre o uso responsable da tecnoloxía e os riscos que implica o seu abuso. O spot irá acompañado dun título e dun documento co guión, para facilitar a accesibilidade ás persoas con discapacidade.

Dúbidas sobre como realizar o traballo do 37 Concurso Escolar ONCE?

Botade unha ollada ás edicións anteriores do Concurso Escolar ONCE

E se o necesitas ponte en contacto connosco.