Os criterios que o Xurado do Concurso Escolar ONCE utilizará para elixir os gañadores estarán centrados en catro alicerces fundamentais:
O xurado terá en conta a orixinalidade do traballo: o concepto e a súa plasmación gráfica.
O coidado posto na presentación, as técnicas empregadas e a súa posible adaptación ao obxecto do concurso.
A adecuación do traballo para transmitir os valores da temática desta edición.
Valorarase o esforzo realizado para que os traballos sexan accesibles para todas as persoas con discapacidade.