Todo o alumnado de Secundaria e FP Básica poderá participar no 37.º Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, reflexionando sobre o bo uso da tecnoloxía, a través dunhas mecánicas que promoven o traballo cooperativo.
Ademais, ao rexistrarte no concurso escolar todos, incluídos os docentes, recibiredes un fantástico agasallo de participación.
Podedes acceder ao noso material didáctico facendo clic nos seguintes bloques! Este material non é obrigatorio, pero facilita a realización do traballo que se vai presentar.
Este material didáctico foi desenvolvido polo equipo de docentes que conforma a MIAC, tendo en conta recursos e materiais elaborados por entidades expertas na temática como IS4K, FAD e Pantallas Amigas, entre outras moitas.
O traballo para realizar no Concurso Escolar polos alumnos/as de Secundaria e FP Básica é moi fácil e sinxelo!
O reto é deseñar un cartel publicitario en formato vertical. O anuncio debe captar a atención e transmitir unha mensaxe que fomente o uso responsable da tecnoloxía.
*Formato de imaxe admitido: JPG.
O anuncio deberá incluír un slogan e, para ser máis accesible, incorporará unha audiodescrición do mesmo.
*Formatos de audio admitidos: .MP3, .MP4, .WAV, .ACC ou .3GP.
Este é o último paso! Só tedes que subilo á web para optar aos nosos fantásticos premios.