¡Empieza el 39 Concurso del Grupo Social ONCE, programa de sensibilización educativa! El videojuego que nos hace iguales

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar del Grupo Social ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Conexión Adiccioff. Esto no es un juego

Primaria e Educación Especial

Todo o alumnado de Primaria e Educación Especial poderá participar no 37.º Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, reflexionando sobre o bo uso da tecnoloxía, a través dunhas mecánicas que promoven o traballo cooperativo.

Ademais, ao rexistrarte no concurso escolar todos, incluídos os docentes, recibiredes un fantástico agasallo de participación.

Material didáctico

Podedes acceder ao noso material didáctico facendo clic nos seguintes bloques! Este material non é obrigatorio, pero facilita a realización do traballo que se vai presentar.

Este material didáctico foi desenvolvido polo equipo de docentes que conforma a MIAC, tendo en conta recursos e materiais elaborados por entidades expertas na temática como IS4K, FAD e Pantallas Amigas, entre outras moitas.

Traballo a realizar no Concurso Escolar

O traballo ue se vai realizar por parte de Primaria e Educación Especial é moi fácil e divertido!

Crea unha cuña de radio

O traballo consiste en crear unha cuña de radio, de 1 minuto, como máximo, capaz de transmitir unha mensaxe sobre o bo uso da tecnoloxía.

*Formatos de audio admitidos: .MP3, .MP4, .WAV, .ACC ou .3GP.

Escribe o título e descrición

A cuña de radio deberá ir titulada e, para facilitar a súa accesibilidade, incorporará un documento co texto da cuña.

*Formatos de documento admitidos: .DOC, .PDF.

Sube o traballo ao sitio web

Este é o último paso! Só tedes que subilo á web para optar aos nosos fantásticos premios.

*Para aqueles grupos, cuxa discapacidade afecte ou dificulte a locución da cuña, será aceptada e polo tanto válida a locución realizada polo docente. Ademais deberán transcribir o texto da mesma no apartado de “Descrición” da zona privada.