En base al punto 2 de las bases legales publicadas para la convocatoria de la 37 edición del Concurso Escolar, donde se indica que : “ La organización del Concurso Escolar se reserva el derecho de ampliar el plazo de participación si lo considerara necesario. En cualquier caso, en aras de aumentar la participación, y según su propio criterio, cada jurado provincial podrá admitir el envío de trabajos hasta dos días antes de la fecha del fallo”; os informamos que, dada la situación sanitaria actual, se va a ampliar el plazo de participación hasta el día 26 de febrero. Confiamos en que esta medida sea de interés de todos los participantes de la 37 edición del concurso escolar.
Estas bases legais foron elaboradas a partir do Oficio-Circular Núm. 36/2020 do 8 de agosto da Dirección Xeral Adxunta de Organización, Talento e Innovación e Sustentabilidade. Rexistro xeral número: 2020/0170840
O Concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (cursos 3º, 4º, 5º e 6º), Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional (básica, media e superior) e Educación Especial, do conxunto de todos os centros educativos do Estado. A participación canalizarase exclusivamente a través dos centros educativos recoñecidos polo Ministerio de Educación e Formación Profesional como tal.
A partir do día 14 de setembro, os directores ou profesores dos centros educativos do Estado poderán participar no Concurso Escolar e acceder aos materiais, a través da web(www.concursoescolaronce.es). Tamén poderán rexistrarse para participar por vía telefónica (900 808 111).
Para iso, ben sexa a través de dita web ou ben telefonicamente, deberán facilitarse os datos do centro e do profesorado participante.
O persoal docente que coordine os grupos de estudantes participantes responsabilizarase de cumprimentar de maneira correcta todos os datos solicitados no formulario de rexistro, así como da posterior subida á web do traballo da súa clase.
A data límite de recepción de traballos é o 5 de febreiro de 2021. A organización do Concurso Escolar resérvase o dereito de ampliar o prazo de participación se o considerase necesario.
En calquera caso, en aras de aumentar a participación, e segundo o seu propio criterio, cada xurado provincial poderá admitir o envío de traballos ata dous días antes da data do fallo.
Todos os centros poderán descargar o material en liña a partir do 14 de setembro de 2020. O material estará dispoñible na web do concurso en castelán, galego, euskera e inglés, en formato pdf e en pdf accesible.
Para o desenvolvemento do Programa Educativo enviarase aos centros escolares, por correo postal, unha carta informativa e catro dípticos informativos para a súa difusión entre os coordinadores dos distintos niveis educativos. Ademais, os profesores terán dispoñible en liña unha completa guía de apoio e material didáctico na versión adecuada para o seu grupo escolar. Igualmente poderán acceder aos consellos e guías necesarios para levar a cabo a realización dos traballos do Concurso e, nesta edición, tamén a un documento específico para orientar o deseño dunha campaña publicitaria.
Na creación dos materiais complementarios desenvolvéronse valores didácticos orientados a coñecer outras realidades distintas ás dos alumnos. Estes materiais servirán aos participantes para documentarse e aos docentes para guiar o traballo. Neste material incluíronse referencias bibliográficas de diferentes estudos e artigos de distintos autores e entidades especializados no tema obxecto do Concurso.
Para facilitar o labor do xurado estatal, os traballos gañadores da fase autonómica que fosen realizados nos idiomas cooficiais, éuscaro, catalán e galego, así como en inglés, terán que ser traducidos ao castelán. No caso de que o grupo participante non presente a tradución, esta haberá de levarse a cabo pola correspondente Delegación Territorial da ONCE.
A participación realizarase por clases completas (un traballo-unha clase) dirixidas por un docente. Cada clase participante deberá presentar un só traballo. No caso de que un mesmo traballo sexa presentado por varias clases, só se admitirá a concurso aquel subido á plataforma en primeiro lugar. Non se admitirán a concurso traballos realizados por varias clases.
Categorías de participación:
A (3º e 4º de Ed. Primaria)
B (5º e 6º de Ed. Primaria)
C (Ed. Secundaria e FP Básica)
D (Bacharelato e Formación Profesional Media e Superior)
E (Ed. Especial)
Los trabajos de estas dos últimas categorías participarán únicamente en la fase final del Concurso y serán evaluados por un jurado de ámbito estatal.
A participación no concurso farase mediante un traballo por clase e sempre dentro da categoría correspondente, segundo o curso ao que pertenzan os alumnos. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías tal e como ocorre nos centros escolares rurais agrupados ou nas clases de circo itinerantes, clases especiais de apoio, etc.
Nestes casos a clase participará na categoría na que haxa máis alumnos.
En caso de empate, a clase participará pola categoría superior.
O número máximo de participantes por traballo será o número máximo de alumnos por clase que marque a lexislación vixente para cada nivel.
Por outra banda, por circunstancias derivadas da pandemia de coronavirus, a modalidade de participación poderá sufrir modificacións para adaptarse ás medidas que teñan que adoptar os centros educativos en aras da protección da saúde. Por tanto, no caso de que por motivos sanitarios o colexio estea obrigado a dividir a clase en grupos, permitirase de forma excepcional a participación de grupo/traballo. En calquera caso, por motivos loxísticos e económicos, o número máximo de alumnos que participen co conxunto dos grupos/clase non poderá superar, en ningún caso, o máximo de 38 alumnos por clase.
A proposta inclúe:
Unha unidade didáctico-práctica que consta dunha guía de apoio ao profesorado e material pedagóxico que convida aos estudantes a analizar, reflexionar, debater e traballar en equipo para crear unha campaña publicitaria de sensibilización e fomento do uso responsable da tecnoloxía, fronte ao abuso que pode implicar riscos e consecuencias non desexadas, como diferentes adiccións.
O traballo co que se participa, baixo o lema “CONEXION-ADICCIOFF. Isto non é un xogo” consistirá:
Os alumnos de Primaria, e Educación Especial (Categorías A, B, e E) deberán crear unha cuña de radio cunha duración máxima de 1 minuto capaz de transmitir unha mensaxe sobre o bo uso da tecnoloxía por parte dos menores.
Será enviada en liña a través da Zona Privada do profesor como ficheiro anexo en formato .MP3, .MP4, .WAV, .ACC ou .3GP.
A cuña de radio debe ir titulada e para facilitar a accesibilidade ao traballo incorporarase un documento en formato Word ou pdf, co texto da cuña.
Pola súa banda, a categoría C (Secundaria, FP básica) deberá deseñar un cartel publicitario (modelo parada de autobús). O anuncio debe captar a atención e transmitir unha mensaxe que fomente o uso responsable da tecnoloxía evitando o abuso da mesma. Será enviado en liña a través da Zona Privada do profesor en formato .jpg e orientación vertical cun peso máximo de 2 MB. O cartel irá acompañado dun slogan e para facilitar a accesibilidade ao traballo incorporará unha audiodescrición cunha duración máxima de 1 minuto. Os participantes poderán gravar dita audiodescrición a través da Zona Privada na súa zona de subida de traballos ou achegar un ficheiro en formato .MP3, .MP4, .WAV, .AAC ou .3GP.
Para a realización do cartel publicitario os alumnos poderán seleccionar recortes de revistas e xornais, utilizar imaxes de Internet, facer fotos eles mesmos ou realizar unha mestura das opcións anteriores. Caso se utilizasen contidos ou imaxes propiedade de terceiros, o profesorado participante deberá asegurarse de que están libres de dereitos ou que dispoñen dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual coa extensión que resulte necesaria segundo os termos desta convocatoria. A ONCE resérvase o dereito de solicitar ao profesorado participante a documentación acreditativa destas circunstancias.
Ademais, os alumnos poderán contar con todas as técnicas ás que poidan acceder, desde as máis tradicionais, como a ilustración ou a colaxe (co uso de pegamento e tesoiras), a calquera programa de ordenador que lles permita tratar imaxes (Photoshop, editores en liña, etc.).
No caso de que o grupo-clase realice unha ilustración ou unha colaxe tradicional, o profesor deberá escanear ou fotografar o traballo para poder subilo á web do Concurso, tal e como se indicou anteriormente.
A categoría D (FP superior e Bacharelato) realizará un anuncio publicitario, de non máis de 40” de duración, para sensibilizar sobre o uso responsable da tecnoloxía e os riscos que carrexa o seu abuso. Será enviado en liña a través da Zona Privada do profesor en formato .AVI, .MP4 ou .MOV (formatos admitidos por Youtube) cun peso máximo de 100 MB. O anuncio irá acompañado dun título, e dun documento co guión en formato Word ou pdf, para facilitar a accesibilidade do traballo de participación ás persoas con discapacidade.
No caso de usar música no anuncio, esta deberá estar libre de dereitos para evitar incompatibilidades ou rexeitamentos da plataforma Youtube. Alén diso, caso se utilizasen contidos ou imaxes propiedade de terceiros, os profesores participantes deberán asegurarse de que estean libres de dereitos ou que dispoñen dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual coa extensión que resulte necesaria segundo os termos desta convocatoria.
Ademais, o profesorado participante debe asegurarse de que dispón dos documentos de cesión de dereitos de imaxe/voz do alumnado que poida aparecer no anuncio, cartel, cuña de radio ou a audiodescrición, coa extensión que resulte necesaria segundo os termos desta convocatoria, debidamente asinados polos alumnos e alumnas ou os seus representantes legais se son menores de idade.
Na páxina web do Concurso, poñerase a disposición dos participantes un documento de cesión de dereitos de imaxe/voz. Pola súa banda, os profesores que presentasen traballos que resulten gañadores na fase de ámbito autonómico (categorías A, B e C) ou finalistas (categorías D e E) deberán enviar á ONCE dito documento debidamente asinado polos alumnos e alumnas cuxa imaxe/voz apareza no traballo ou polos seus representantes legais (se fosen menores de idade). A ONCE solicitaralles este documento na correspondente comunicación. A ONCE non será responsable de ningunha reclamación relacionada cos dereitos de imaxe e voz dos participantes nos traballos.
Todas as categorías participarán en liña.
O xurado terá en conta a orixinalidade do traballo: o concepto e a súa plasmación gráfica.
Tamén se terá en conta o coidado e a presentación dos traballos e técnicas empregadas, e a súa posible adaptación ao obxecto do Concurso.
A adecuación do traballo para transmitir os valores da temática desta edición.
Considerando a accesibilidade como un factor imprescindible para a inclusión social e como un exemplo de solidariedade tamén no ámbito educativo, valorarase de maneira específica o esforzo realizado para que os traballos presentados sexan accesibles para as persoas con discapacidade.
O Concurso consta de tres fases:
Os traballos da categoría D valoraranse previamente por unha Mesa Técnica que estará constituída por profesionais do ámbito da docencia e especializados en inclusión. Esta Mesa seleccionará un máximo de vinte traballos que pasarán a competir á fase estatal, cuxo xurado elixirá cinco finalistas desa listaxe previa, entre os cales escollerán ao que será o gañador estatal.
Os traballos da categoría E (Educación Especial) serán valorados por un equipo técnico do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), unidade ministerial dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que realizará unha selección de cinco traballos finalistas, entre os que elixirán ao gañador estatal.
Constituirase un xurado de ámbito provincial naquelas delegacións territoriais, direccións de zona, direccións de apoio e axencias da ONCE radicadas nas capitais de provincia, ademais dun xurado de ámbito autonómico nas delegacións territoriais.
O responsable de cada centro da ONCE no que se constitúa o xurado designará un responsable do Concurso, debendo comunicar o seu nome o máis axiña posible á Dirección de Comunicación e Imaxe. Dito responsable realizará as tarefas propias de coordinación, información e apoio ao Concurso.
Os xurados estarán compostos, polo menos, por seis membros: tres representantes da ONCE (un da área da representación, un da área da xestión e un profesional especializado dos equipos específicos de atención educativa dese ámbito territorial -preferentemente un profesional do Grupo ACCEDO-) e polo menos outras tres persoas que poden pertencer aos ámbitos da comunicación, a educación ou a publicidade.
Aos xurados autonómicos incorporarase tamén un representante da Consellería de Educación da comunidade autónoma correspondente, ao máis alto nivel posible.
O xurado de ámbito estatal compoñerase, ademais, dunha persoa relacionada co mundo da educación especial e doutras personalidades relevantes relacionadas coa temática do Concurso.
Os fallos dos xurados terán lugar nas seguintes datas: os xurados provinciais reuniranse antes do 12 de marzo de 2021, os xurados autonómicos antes do 16 de abril de 2021 e o xurado estatal reunirase antes do 7 de maio de 2021.
Unha vez seleccionados os traballos gañadores, serán publicados na web do Concurso nas 48 horas seguintes á celebración dos xurados.
Declararanse nulos, e por tanto fóra de Concurso, todos os traballos que non se presenten nos formatos apropiados recollidos nestas bases legais, por cuestións de incompatibilidade de soporte ou de dereitos de autor.
En ningún caso os xurados poderán adxudicar a dous ou máis traballos o mesmo posto na clasificación.
Non se poderá deixar deserto ningún premio en ningunha categoría, en ningunha das fases, sempre que haxa polo menos dous traballos presentados que cumpran os requisitos do presente concurso. En caso de descualificación dun traballo polo non cumprimento dos requisitos, deberase xustificar por parte do xurado reflectíndose na acta do fallo.
A participación neste concurso implica a aceptación das bases, prevalecendo sempre as decisións e interpretacións dos xurados, que serán inapelables.
Un dos membros do xurado representante da ONCE actuará como presidente ou presidenta e ostentará o voto de calidade para dirimir, no seu caso, o empate na votación do xurado.
As delegacións territoriais da ONCE, segundo as súas propias necesidades, poderán decidir se convocan o xurado da fase provincial na mesma data e cos mesmos membros que para a fase autonómica.
Enviarase unha tapa de webcam feita con cana de trigo tanto ao alumnado como ao profesorado participante para un uso máis seguro de smartphones, tablets, portátiles, etc.
Os estudantes e persoal docente gañadores na fase de ámbito provincial recibirán un conxunto de 3 lentes para smartphone, axustables á cámara mediante pinza, para fotografar os seus mellores recordos.
Os grupos gañadores na fase autonómica serán premiados cunha actividade para toda a clase, valorada nun máximo de 350 euros, IVE/IXIC incluído, do mesmo xeito que os grupos dos traballos seleccionados como finalistas das categorías D e E (cinco e cinco respectivamente). Estes premios non se poderán trocar polo seu importe en metálico, asumindo a ONCE o gasto máximo previsto contra factura emitida a nome da axencia The Modern Kids and Family, asignada pola ONCE para a xestión do presente concurso.
Os grupos-clase gañadores na fase de ámbito estatal recibirán unha tablet para cada alumno e o profesor para facer un uso responsable da tecnoloxía. Os colexios dos grupos gañadores na fase de ámbito estatal recibirán un diploma acreditativo do premio.
A ONCE poderá solicitar o envío do material orixinal de calquera traballo presentado, non tendo obrigatoriedade de devolvelo. En canto aos traballos orixinais gañadores da fase autonómica da categoría C, a condición de que se considere que a súa presentación física achega un valor engadido, será necesario remitilos con obxecto de que se leve a cabo unha valoración máis exhaustiva por parte do xurado nacional.
A ONCE resérvase o dereito de procesar, adaptar e corrixir os traballos presentados a concurso, no sentido máis amplo que se poida entender.
A participación no Concurso Escolar ONCE supón a aceptación dos termos da convocatoria, reflectidos nestas bases legais e no extracto do concurso que se atopan na web do mesmo: www.concursoescolaronce.es.
Con relación aos dereitos da propiedade intelectual, a participación nesta convocatoria implica que o profesorado e alumnado participante nos traballos gañadores na fase de ámbito autonómico (categorías A, B e C) e finalistas (categorías D e E) ceden á ONCE en exclusiva durante un prazo de 50 anos, sen límite territorial, material non xeográfico, e con posibilidade de cesión a terceiros (a totalidade ou unha parte dos dereitos patrimoniais obxecto da cesión), todos os dereitos de reprodución, edición en soporte papel e electrónico, fixación, compilación, comunicación pública, transformación, distribución por calquera medio ou formato (incluída a Internet e as redes sociais) e, en xeral, explotación sobre os traballos elaborados.
Na páxina web do Concurso poñerase á disposición dos participantes unha declaración de cesión de dereitos de propiedade intelectual. Os profesores que presentasen traballos gañadores na fase de ámbito autonómico (categorías A, B e C) ou finalistas (categorías D e E), deberán enviar á ONCE dita declaración debidamente asinada por eles. A ONCE solicitaralles este documento na correspondente comunicación.
Os datos persoais que sexa necesario solicitar para a participación no Concurso serán tratados conforme ás normas establecidas no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos). A recollida dos datos só se realizará co consentimento do seu titular para que devanditos datos poidan ser incorporados a ficheiros titularidade da ONCE e procesados exclusivamente para a finalidade que se especifique na lenda adxunta ao formulario de recollida dos datos que estará publicado na web do Concurso. Os datos obtidos a través dos formularios correspondentes, serán os imprescindibles para facer posible a participación no Concurso.