Nueva edición del Concurso Escolar ONCE

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar ONCE. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Conexión Adiccioff. Esto no es un juego

ACCESIBILIDADE

O desenvolvemento desta web ten como pretensión alcanzar un nivel de accesibilidade AA ("dobre A") segundo as Pautas de Accesibilidade ao Contido na web 2.0 establecidas polo W3C. O Consorcio World Wide Web (W3C) é unha asociación internacional formada por diferentes organizacións, persoal e o público en xeral, que traballan conxuntamente para desenvolver estándares co fin de favorecer e difundir as boas prácticas en desenvolvemento web.

PRINCIPAIS MELLORAS ADOPTADAS

  • O sitio web é adaptable, de forma que se axusta de forma óptima a calquera tamaño de pantalla ou dispositivo facilitando a súa lectura e tamén se adapta igualmente no caso de utilizar o zoom de pantalla.
  • As imaxes incluídas nas páxinas incorporan unha breve descrición da información que conteñen. Deste modo, os usuarios de lectores de pantalla ou navegadores de apenas texto obteñen unha mellor comprensión do significado dunha imaxe nun texto.
  • Identificouse o idioma principal de cada páxina, alén de calquera cambio na linguaxe natural do texto, o que facilita o seu tratamento e comprensión aos usuarios de lectores de pantalla e sintetizadores de voz.
  • As páxinas posúen unha estrutura interna lóxica e clara, tanto para o usuario que pode ver todo o contido, como para o que le a información cun lector de pantalla, usuarios que desactivan a folla de estilos, etc. Atendendo a este obxectivo, definíronse mediante o código HTML as cabeceiras de sección, as listas e todos os elementos que axudan á comprensión xeral do sitio web.
  • O código XHTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais aprobadas polo W3C co fin de garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores e plataformas.
  • Separouse a información da súa presentación gráfica de modo que os usuarios que o desexen poidan navegar polos contidos a maior velocidade, no caso de que opten por deshabilitar a descarga de follas de estilos no seu navegador.