Coñeces todas as posibilidades do Programa de Inclusión do Concurso ONCE? Baixo a metodoloxía da aprendizaxe-servizo e o art thinking, os nosos materiais pedagóxicos converteranse nos recursos necesarios para interiorizar os principios da inclusión social, alén de fomentar a empatía a través da creatividade e o traballo cooperativo.
Xa temos listos os relatorios dos nosos especialistas en inclusión, educación e creatividade!
Unha vez máis, reunimos aos profesionais máis punteiros en educación inclusiva, alén de grandes expertos que nos desvelarán o poder da creatividade na aula e como empoderar ao alumnado para abandeirar o movemento da inclusión.
Explicámosche de maneira rápida e sinxela como participar no 36 Concurso ONCE. Segue os pasos que che indicamos para deseñar a túa bandeira ou compoñer o teu himno de maneira fácil coas nosas guías-titoriais en vídeo.
Ninguén mellor ca ti, como docente, sabe o importante que é reforzar os contidos que ofreces na aula, para afianzar o aprendido.
Por iso, preparámosche 2 xogos Kahoot para que fomentes a reflexión e o debate sobre inclusión e a creatividade, máis 2 debates dirixidos ao alumnado, sobre a diversidade e a autoestima, como medios ligados á inclusión.
Unha serie animada de Fundación ONCE para normalizar a discapacidade, recoñecida co Premio Cermi.es na categoría de Comunicación e Imaxe Social da Discapacidade. Pódese seguir nas redes sociais, Youtube e na web de Fundación ONCE.
Se aínda te estás preguntando como se poden aplicar os valores da inclusión na escola, descarga todos os nosos materiais pedagóxicos para Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e Educación Especial, cos que poderás axudar a mellorar as competencias chave dos teus alumnos e alumnas.