Utilizamos cookies para asegurar de que proporcionamos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Máis Información Pechar
ONCE Upon a time. La mirada de todos/as

Preguntas Frecuentes

QUEN PODE PARTICIPAR?

No concurso ONCE poden participar todos os alumnos e alumnas de centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en: Educación Especial, Primaria (de 3º a 6º), Secundaria, FP Básica, Bacharelato ou FP (Grao Medio e Superior).

E SE OS MEUS ALUMNOS XA PARTICIPARON O ANO PASADO?

Non importa. A temática é completamente distinta, o mesmo que os traballos creativos solicitados aos participantes, polo que se trata dun novo concurso.

COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?

Toda a clase participará formando un só grupo e presentando un único traballo elaborado entre todos os alumnos ou elixido a partir das distintas propostas que puidesen traballar en grupos máis pequenos. No material didáctico pódense atopar algunhas suxestións sobre como facelo.

1 clase-1 traballo// 1 traballo-1 clase

PODEN INSCRIBIRSE OS ALUMNOS E PARTICIPAR POLA SúA CONTA?

Non. Para participar é necesario que un educador do centro se encargue da inscrición.

QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O PROFESOR?

Este programa está integrado no currículo educativo. Por iso non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador desenvolva na aula (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir aos seus alumnos na temática do concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.

O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada profesor. O profesor unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO ONCE COAS COMPETENCIAS BÁSICAS?

Este programa de sensibilización e os seus materiais didácticos creáronse en base ao currículo e pode traballarse de forma específica nas sesións de titoría, así como a través das seguintes Competencias Básicas:

  • Competencia lingüística
  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
  • Competencias en autonomía e iniciativa persoal.
  • Competencia cultural e artística:
  • Competencias no tratamento da información e competencia dixital
  • Competencia social e cidadá

É OBRIGATORIO REALIZAR AS ACTIVIDADES DA UNIDADE DIDÁCTICA?

Non. Son apenas unha ferramenta para facilitar ao profesor a tarefa de introducir aos seus alumnos na temática deste ano e en como abordar o traballo a presentar.

HAI UNHAS ESPECIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA O TRABALLO?

Si. Cada grupo aula deberá presentar:

  • Primaria (3º - 6º), Secundaria e Educación Especial:

    Un cartel co deseño da bandeira que reflicta o movemento internacional pola inclusión, (en formato .jpg cun peso máximo de 2 MB), acompañado dun título (cun máximo de 140 caracteres) e unha audiodescrición que sirva como ferramenta de accesibilidade para os xurados con discapacidade visual (de 1 minuto de duración como máximo). En formato MP3, MP4, WAV, AAC ó 3 GP.

  • Bacharelato e FP:

    Un himno que transmita os principios internacionais da inclusión, dunha duración máxima de 2.30 minutos. Débese acompañar de un título (cun máximo de 140 caracteres) e un texto con a letra da canción. Os traballos subiranse en formato MP3, MP4, WAV, AAC ou 3 GP.

COMO REALIZAMOS A BANDEIRA?

Unha vez que o grupo aula determinase a idea que quere expresar, procederá a deseñar a bandeira da inclusión. Para a súa realización será necesario descargar un padrón que estará situado na web e deberase manter a proporcionalidade do seu formato: rectangular e en horizontal. Os alumnos poderán seleccionar recortes de revistas e xornais, utilizar imaxes da internet, facer fotos eles mesmos ou realizar unha mestura das opcións anteriores.

ONDE ATOPAMOS A MÚSICA PARA O HIMNO?

Desde a web do concurso proporcionámosvos distintas bases musicais para elixir unha ou fusionar varias e poñerlle letra. As bases musicais non son obrigatorias. Se queredes, podedes compoñer a vosa propia música con programas como Incredibox.

COMO ENVÍAMOS O TRABALLO?

  • Se para o deseño dabandeira a clase fixo un cartel de forma manual, escaneade ou fotografade o traballo.
  • Asegurádevos de que o cartel estea en formato .jpg e que non pese máis de 2 MB.
  • No caso do himno, deberá estar en formato MP3, MP4, WAV, AAC ou 3 GP, cun peso máximo de 100 MB.
  • Accedede á vosa Zona Privada de profesor na web do Concurso ONCE.
  • Facede clic na sección "Subir traballo".
  • Na sección "Título", escribide o título ou frase da túa clase para o traballo presentado (máximo 140 caracteres).
  • Na sección "Descrición", introducide o texto que a clase escribiu para describir o que quixo reflectir co seu traballo (máximo 400 caracteres).
  • Seleccionade o arquivo de imaxe (acompañado do arquivo de audio) ou vídeo (acompañado do arquivo de texto coa letra da canción).
  • E por último, facede clic no botón "Confirmar traballo".

PODEN TRABALLAR OS ALUMNOS DESDE CASA?

Ben seguro que si. Logo de que o educador lles explique como debe ser o traballo que deben presentar, os alumnos poden dedicar todo o tempo que queiran á elaboración do seu traballo fóra da aula.

E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?

Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 808 111 (teléfono gratuíto), ao 682 789 326 (Whatsapp) ou enchede este formulario.