Na ONCE e a súa Fundación levamos moito tempo traballando pola inclusión educativa de todos, conseguindo, a día de hoxe, que un 98% dos alumnos con discapacidade reciban unha educación normalizada. Porque é necesario ofrecer unha escola máis aberta e diferente, este ano convidámoste a reinventarla connosco.
Para descubrir máis técnicas, recursos e modos de facer inclusiva a túa escola, nos próximos meses ofrecerémosvos sesións formativas con grandes especialistas en educación inclusiva, de maneira totalmente en liña e gratuíta, para que poidades seguir a formación esteades onde esteades e poidades exporlles preguntas e casos.
Queremos que compartades as vosas ideas para conseguir unha escola para todos e todas e todas, que creades que se pode facer, como podemos facelo posible... Porque cada idea é importante, e xuntos podemos reinventar unha escola onde haxa sitio para todos e todas.
Anímate e escribe a túa!Tes dúas formas de enviarnos a túa idea
1. A través de Twitter
Envía unha mensaxe desde a túa conta de Twitter utilizando o hashtag #Reinventemoslaescula e pronto o verás aparecer no noso muro de ideas.
2. Mediante este formulario