Máis de 3000 escolares dos 52 centros públicos, privados e concertados coa maior participación no Concurso Escolar de cada provincia enviáronnos as súas reflexións acerca de como previr, detectar e actuar contra o acoso escolar.
Con todas elaborouse este Acróstico Contra o Acoso nas diferentes linguas; e Javier Ruescas, booktuber, novo autor das coñecidas triloxías Os Contos de Bereth e Play, e gañador do Premio Hache de Literatura Xuvenil 2015, inspirouse en todas esas reflexións para crear este texto contra o bullying.
3.000
alumnos
en representación de
los 167.265 participantes
52
centros
el centro más participativo
de cada provincia
156
reflexiones
para prevenir detectar y
actuar contra el acoso
O acrostico contra o acoso
Activistas contra el acoso.
Prevenir el acoso a tiempo es una victoria.
Para pasarlo bien no es necesario que el otro se sienta mal.
La indiferència no ens permet actuar davant l'assetjament.
Las palabras lastiman igual que los golpes.
No tengas miedo de decir lo que ves, o lo que sientes. Pide ayuda sin dudar.
Moztu eta esan orain, gainerakoak zurekin gaude.
Conocer nuestras diferencias nos une y abre nuestras mentes.
No mires hacia otro lado, tú puedes pararlo.
Entendre que no soms iguals és la millor prevenció de l`assetjament.
Respetemos a nuestros compañeros para convivir en un ambiente feliz.
No te quedes con el exterior, llega al interior.
Non somos perfectos, non vimos con manual de instruccións, Respéctate e respecta aos demais.
O estás con la víctima, enfrentándote al acosador, o estás contra ella.
Respeta y acepta las diferencias del otro, crea un buen clima de convivencia.
Ikaskide guztiei jaramon egin behar diegu.
Para acabar con el acoso, antes hay que luchar contra el miedo.
O que mira e non actúa é tan covarde como o que acosa.
Para prevenir el acoso, aceptar la riqueza de la diversidad es la mejor vacuna.
Si algú es pensa millor i més fort assetjant a algú, actua. Demá l'assetjat pots ser tu./p>
Siempre es mejor actuar que arrepentirte de no haber hecho nada
Para ti é un xogo, para min un sufrimento.
El odio tiene mil caras, pero detrás solo hay una sola gran verdad: El miedo a lo diferente.
Irainak, mehatxuak, ezizenak, zurrumurruak, biolentzia, bazterkeriak ez dute lekurik gure ikasetxean.
Ser diferente é sinxelo; ao fin e ao cabo, é inevitable. O difícil é admitilo, aceptalo e animar a outros a que tamén o sexan.
E ollo, non é unha mala noticia: en realidade é algo fenomenal. O que ocorre é que hai quen teme o que non entende, e ese medo ás veces pódese converter en ira e receo. En acoso.
O que tamén é sinxelo é burlarse de quen se atreve a tentar ser diferente. Ou mirar cara outro lado e ignorar que cada un de nós temos a nosa propia batalla que loitar. Por iso só os valentes atrévense a ser eles mesmos e a axudar a que outros o sexan.
Porque o fácil é seguir ao grupo, perderse na masa, desaparecer, tratar de que non te vexan, pasar desapercibido.
Porque destacar, dun modo ou outro, ás veces sen tan sequera pretendelo, é perigoso, trae problemas. Carrexa golpes e insultos e ameazas, e bromas que non son bromas e dor que non só se causa con puños, senón tamén con palabras.
Pois aquí é onde os diferentes debemos demostrar que non somos indiferentes.
Que sabemos plantar cara. Que as nosas voces se unen neste segredo que nos vencella, que nos fai máis fortes, para defendernos dos que intimidan e tratan de silenciarnos, e así denuncialo.
Porque ser valente, igual que ser diferente, non é fácil, pero sabes que? Merece a pena tentalo. Merece a pena defender a quen o consiga ou aos que queren logralo.
Porque só temos unha vida que vivir, e non hai nada máis extraordinario, por moi difícil que poida parecer, que vivila sendo diferente.
A coruña
COLEGIO "SAGRADO CORAZÓN"
Álava
COLEGIO "SAN VIATOR" IKASTETXEA
Albacete
IESO "VÍA HERACLEA"
Alicante
CEIP "JORGE JUAN"
Almería
COLEGIO "COMPAÑÍA DE MARÍA"
Asturias
COLEGIO "VIRGEN MILAGROSA"
Ávila
IES "MARÍA DE CÓRDOBA"
Badajoz
COLEGIO "SAN JOSÉ"
Baleares (Illes)
COL·LEGI "MAESTRAL"
Barcelona
CENTRE D`ESTUDIS "CEIR-ARCO VILLAROEL"
Burgos
COLEGIO "SAGRADO CORAZÓN-SALESIANAS"
Cáceres
CRA "ORDEN DE SANTIAGO"
Cádiz
CEIP "PINAR HONDO"
Cantabria
COLEGIO "SAN JOSÉ"
Castellón
IES "FRANCESC TÁRREGA"
Ceuta
COLEGIO "SEVERO OCHOA"
Ciudad Real
PUERTA DE SANTA MARÍA - EDUCACIÓN ESPECIAL
Córdoba
CEIP "MIGUEL DE CERVANTES"
Cuenca
COLEGIO "SAGRADA FAMILIA"
Girona
ESCOLA "CARME GUASCH I DARNÉ"
Granada
CEIP "VICTORIA"
Guadalajara
CRA "PIMAFAD"
Guipúzcoa
COLEGIO "LA SALLE-BERROZPE" IKASTETXEA
Huelva
COLEGIO "MOLIÈRE"
Huesca
CRA "ALTA RIBAGORZA"
Jaén
CEIP "MANUEL ANDÚJAR"
La Rioja
CEIP "ANTONIO DELGADO CALVETE"
Las Palmas
COLEGIO "ARENAS INTERNACIONAL"
León
COLEGIO "LA ASUNCIÓN"
Lleida
ESCOLA "PAÍSOS CATALANS"
Lugo
CIFP POLITÉCNICO DE LUGO
Madrid
CEIP "LA GARENA"
Málaga
COLEGIO "SAN BARTOLOMÉ"
Melilla
COLEGIO "ENRIQUE SOLER"
Murcia
IES "REY CARLOS III"
Navarra
COLEGIO "IRABIA-IZAGA"
Ourense
COLEGIO "SANTA TERESA DE JESÚS"
Palencia
COLEGIO "NUESTRA SEÑORA DE LA PROVIDENCIA"
Pontevedra
ALOYA - CENTRO ÉDUCATIVO CONCERTADO
Salamanca
COLEGIO "MARÍA AUXILIADORA"
Santa Cruz de Tenerife
COLEGIO "LUTHER KING"
Segovia
COLEGIO MARISTA "NUESTRA SEÑORA DE LA FUENCILSA"
Sevilla
CEIP "ALCALDE LEÓN RÍOS"
Soria
CEIP "VIRGEN DE OLMACEDO"
Tarragona
INSTITUT "LA SENIA"
Teruel
CEIP "VICENTE FERRER RAMOS" - PRIMARIA
Toledo
IES "BLAS DE PRADO"
Valencia
COLEGIO "LA PURÍSIMA-FRANCISCANAS"
Valladolid
COLEGIO "LA INMACULADA-MISIONERAS SECULARES"
Vizcaya
LAURO IKASTOLA
Zamora
IES "LEÓN FELIPE"
Zaragoza
COLEGIO "SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS"
Podemos dicir que o bullying é calquera forma de malos tratos físicos, psicolóxicos ou verbais que un escolar ou grupo de escolares exercen sobre un compañeiro durante un tempo prolongado.
Os que o exercen fano para impoñer o seu poder sobre o outro a través de ameazas, agresións, insultos e mesmo vexacións, co obxectivo de mantelo baixo o seu completo dominio ao longo do curso. Polo xeral, e ante o illamento da vítima por parte do resto dos seus compañeiros, o acoso sófrese en silencio, polo que é moi difícil que os pais ou profesores o detecten a tempo.
O acoso escolar é unha realidade que afecta a nenos e nenas de todas as condicións sociais, con ou sen discapacidade, pertenzan a colexios públicos ou privados, e que chega mesmo a un 4% do alumnado nalgúns ciclos educativos, segundo o Ministerio de Educación.
É certo que a concienciación sobre a necesidade de facer fronte ao acoso é cada vez maior e as iniciativas para loitar contra el nas aulas están a aumentar, pero os datos que reflicten algúns estudos seguen sendo alarmantes:
Por tanto, non podemos dicir que o acoso escolar se trate dunha cuestión illada, senón dun feito estendido que a nosa sociedade non pode deixar pasar mirando para outro lado.