Todos os profesores e alumnos que se apunten no concurso recibirán a PULSEIRA DE ACTIVISTAS CONTRA O ACOSO, que lles identificará como participantes do concurso e membros activos do movemento. Levala é un orgullo, así que... garda un espazo no teu pulso!
As alumnos das aulas premiadas das categorías A, B e C recibirán tamén unha MOCHILA exclusiva para demostrar cada día que “AQUÍ CABEN TODOS”.
Ademais, cada aula gañadora das categorías A, B e C recibirá como premio UNHA ACTIVIDADE PARA TODA A CLASE valorada nun máximo de 400 €. (Consulte as bases)
As aulas gañadoras (categorías A, B, C, D e E) terán que preparar as maletas e poñer rumbo á serra de Madrid para desfrutar do “CAMPUS SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES”. Do 16 ao 19 de xuño poderán desfrutar dunha experiencia única chea de emocións, actividades, obradoiros e moitas sorpresas máis.