No concurso ONCE poden participar todos os alumnos e alumnas de centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en: Educación Especial, Primaria (de 3º a 6º), Secundaria, FP Básica, Bacharelato ou FP (Grao Medio e Superior).
Non importa. A temática é completamente distinta, o mesmo que os traballos creativos solicitados aos participantes, polo que se trata dun novo concurso.
Toda a clase participará formando un só grupo e presentando un único traballo elaborado entre todos os alumnos ou elixido a partir das distintas propostas que puidesen traballar en grupos máis pequenos. No material didáctico pódense atopar algunhas suxestións sobre como facelo.
Si, xa que como excepción aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías, tanto nos centros escolares rurais agrupados (CRA), como nas clases de circo itinerantes, alén de calquera outra modalidade que reúna características semellantes.
Non. Para participar é necesario que un educador do centro se encargue da inscrición.
Este programa está integrado no currículo educativo. Por iso non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador desenvolva na aula (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir aos seus alumnos na temática do concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.
O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada profesor. O profesor unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.
Este programa de sensibilización e os seus materiais didácticos creáronse en base ao currículo e pode traballarse de forma específica nas sesións de titoría, así como a través das seguintes Competencias Básicas:
Non. Son apenas unha ferramenta para facilitar ao profesor a tarefa de introducir aos seus alumnos na temática deste ano e en como abordar o traballo a presentar.
Si. Cada grupo aula deberá presentar:
Primaria (3º-6º) e Educación Especial:
Un cartel publicitario Un cartel publicitario de sensibilización contra o acoso escolar que reflicta solucións concretas dos alumnos para combatelo (en formato .jpg cun peso máximo de 2 MB), acompañado dun título (cun máximo de 140 caracteres) e unha audio-descrición que sirva como ferramenta de accesibilidade para os xurados con discapacidade visual (de 1 minuto de duración como máximo).
Educación Secundaria, FP Básica, Bacharelato e FP:
Unha peza audiovisual (en formato .avi/.mp4/.mov , cun peso máximo de 100 MB e unha duración máxima de 1 minuto) onde se mostre como pasar á acción contra o acoso, acompañado dun título (cun máximo de 140 caracteres) e un documento de texto co guión detallado para facilitar a accesibilidade do traballo.
Unha vez que o grupo aula determinase a idea que quere expresar, procederá a realizar a composición do cartel contando con todas as técnicas que consideren necesarias: desde as máis manuais, como a colaxe a partir de revistas ou fotografías propias, a calquera programa de computador que lles permita plasmar as súas ideas (Photoshop, editores en liña, etc.).
As posibilidades son ilimitadas. Deixade que voe a vosa creatividade!
Unha vez que o grupo aula determinase a idea que quere expresar, procederá a realizar a gravación da súa micro-curtametraxe. Para iso, poderá empregar calquera cámara de vídeo ou dispositivo con cámara integrada, a condición de que as imaxes sexan claras, nítidas e estean gravadas con boa resolución (recomendamos planos horizontais e non verticais). Ademais, se a aula o considera necesario, poderanse empregar programas de edición de vídeo para a montaxe final da súa peza audiovisual.
Ben seguro que si. Logo de que o educador lles explique como debe ser o traballo que deben presentar, os alumnos poden dedicar todo o tempo que queiran á elaboración do seu traballo fóra da aula.
Non pasa nada. Pódese contactar connosco e ofreceremos a nosa axuda. Un equipo de profesionais resolverán calquera dúbida. Para tal fin, chamade ao 900 808 111 (teléfono gratuíto) ou enchede este formulario.