O 10 de maio tivo lugar o acto de clausura desta 33 edición do Concurso Escolar da ONCE e a súa Fundación, que se retransmitiu por streaming.
Saber-ne més sobre o evento Xornada universitaria contra o acoso escolar, educar na diferenza.O pasado 24 de novembro tivo lugar a xornada "Contra o acoso escolar, educar na diferenza", na Facultade de Dereito da Universidade de Murcia, na que participaron diversos expertos para afondar o acoso desde distintas perspectivas.
Saber-ne més sobre o evento Xornada universitaria contra o acoso escolar, educar na diferenza.O pasado 1 de outubro inauguramos o 33 Concurso ONCE coa Xornada de reflexión e acción contra o acoso escolar. Un evento exclusivo que reuniu a grandes expertos nacionais en bullying e a 170 docentes de toda España.
Saber-ne més sobre o evento Xornada de reflexión e acción contra o acoso escolar do 1 de outubro de 2016Se es profesor, seguramente teranche xurdido algunhas dúbidas á hora de realizar na túa aula algunha das sesións que propoñemos nas unidades didácticas. Se é así, non te preocupes, porque preparamos dous novos recursos que che facilitarán bastante o traballo.
Queremos axudarvos a seguir activos contra o acoso, por iso propoñémosvos organizar unha exposición ou proxección dos vosos traballos no voso centro. Podedes convidar os vosos amigos, compañeiros e familiares para dar a coñecer todas as vosas iniciativas contra o bullying.
Aquí achegamos diferentes materiais e recursos que vos axudarán a poñervos en marcha e a organizar de maneira moi sinxela unha exposición coa que ninguén quedará indiferente. Porque podemos acabar co acoso se todos nos involucramos!
AutoxestionableQueremos axudarvos a detectar e identificar situacións nas que se produce acoso, tanto dentro como fóra da aula. Por iso creamos unha sinxela infografía que vos será moi útil para diferenciar o que é o acoso do que non, sobre os diferentes tipos de acoso e os diversos roles que se poden dar. Colgádea en aula, nos corredores... e compartídea coa vosa familia e amigos!
Guía contra o acosoQueremos axudarte a realizar o traballo de participación do Concurso, e para iso creamos dúas guías moi interesantes para que, en tan só 10 pasos, os teus alumnos e ti poidades deseñar o voso CARTEL ou crear a MINICURTAMETRAXE contra o acoso. Esperamos que che sirvan!
Guía 10 pasos cartel Guía 10 pasos minicurtametraxeConsiste en 4 videotitoriais con sesións reais gravadas con alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato, impartidas por un profesional especializado en coaching e con algunhas intervencións dun presentador para explicar paso a paso cada actividade.
Saber-ne més sobre videotitoriais con casos prácticosDurante outubro e novembro, a comunidade docente desfrutou dos catro videotutoriais interactivos que organizamos con expertos en acoso escolar.
Saber-ne més sobre videotitoriais interactivos