SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES
Activistas contra el acoso

Xornada de reflexión e acción contra o acoso escolar

Xornada de reflexión e acción contra o acoso escolar

Resumo do evento

Murcia converteuse o pasado 24 de novembro en capital contra o acoso escolar coa celebración da xornada "Contra o acoso escolar, educar na diferenza", que tivo lugar na Facultade de Dereito da Universidade de Murcia.

O acoso desde novas perspectivas

Á xornada asistiron 150 estudantes, docentes e profesionais de psicoloxía, maxisterio e dereito, onde puideron descubrir novos datos e diferentes perspectivas do acoso grazas ás intervencións de distintos expertos da Universidade de Murcia (Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Educación, equipo que desenvolveu o material educativo desta 33 edición do Concurso ONCE).

Relatorios

Os especialistas da Universidade trataron o acoso escolar desde o ámbito académico, universitario e da investigación, e fixeron patente a especial vulnerabilidade das persoas con discapacidade ante o acoso escolar, a través dos seguintes relatorios:

  • Que está a pasar nas nosas aulas? Análise da situación de acoso escolar nas aulas españolas. Fuensanta Cerezo.

    Descarga a presentación
  • Os meus compañeiros exclúenme. Rexeitamento e vitimización do alumnado con necesidades especiais. Inés Monjas.

    Descarga a presentación
  • Asegúrate: programa de prevención ante o ciberbullying e outros riscos. Rosario del Rey.

    Descarga a presentación
  • Intervención escolar contra o acoso en Educación Primaria. O papel do profesor titor. Consuelo Sánchez.

    Descarga a presentación
  • O tratamento dos medios que se lle dá ao acoso. Fuensanta Carreres e Marta Ferrero.

    Descarga a presentación
  • Estratexia de intervención ante o acoso escolar: facer máis e falar menos. Ángel R. Calvo.

    Descarga a presentación
  • Atención á diversidade na UMU. Antonio Pérez Manzano.

    Descarga a presentación

Gravación en vídeo do evento