O pasado 1 de outubro inauguramos o 33 Concurso ONCE coa Xornada de reflexión e acción contra o acoso escolar. Un evento exclusivo que reuniu a grandes expertos nacionais en bullying e a 170 docentes de toda España.
Xunto con César Bona (finalista dos Global Teacher Prize), Fuensanta Cerezo profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Educación da Universidade de Murcia, Carlos Represa (especialista en protección de menores e uso responsable da internet) e Paco Bezerra (escritor da obra de teatro sobre acoso escolar, El pequeño poni) compartimos opinións e experiencias sobre as situacións de acoso que se dan na aula.
A comunidade docente, máis mobilizada que nunca
O evento, que se celebrou no Espacio Fundación Telefónica de Madrid, conseguiu atraer a profesores de todos os niveis educativos e de diferentes puntos da xeografía.
Durante toda a xornada, o público participou activamente no debate. Os docentes que non puideron asistir por falta de aforamento, tampouco se perderon detalle grazas á retransmisión en streaming, podendo participar coas súas achegas e preguntas vía Twitter.
Activistas nas redes
Por todo isto, o evento foi un éxito rotundo nas redes sociais, chegando mesmo a ser trending topic co hashtag #ActivistasContraElAcoso.
Isto demóstranos que hai milleiros de activistas sumándose ao noso movemento para loitar contra o acoso escolar. E ti, xa estás activado?